Xornadas_Patrimonio_Etnográfico
As Xornadas de Patrimonio Etnográfico nos blogs
Así as viu Manuel Gago, de Capítulo 0, que falou do "sartego matutano" e da brétema do Barbanza.
O sartego matutano aquí
A brétema nos Chans do Barbanza, cunhas impresiontantes imaxes de Sole, aquí
Un dos participantes como ponente, Xurxo M. Ayán, colaborador de Certo, escribiu no blog Arqueoneixón un par de entradas relacionadas:
-------------------
Na procura dos camiños antigos

Blog Arqueoneixón, 9 de outubro de 2009. Os que esteades interesados no Patrimonio barbanzónico tedes unha interesante cita mañá na Pobra do Caramiñal grazas ao bo facer unha vez máis da asociación O Faiado 2, unha entidade que segue a traballar na concienciación da xente, malia crises económicas e demais excusas que poñen os políticos, verdadeiros responsables da xestión e alomenos protección e potenciación do Patrimonio Cultural. Máis ca educación para a cidadanía deberían ser os cidadáns quen deben educar aos políticos. En fin. Mañá falaremos de vías de tránsito, dende a Prehistoria Recente deica a actualidade, de proxectos en curso (etnoarqueoloxía do wolfram) e doutros en preparación (castelo de Vitres).
Fotografía: escavación arqueolóxica dun tramo do Camiño de Santiago (Vía da Prata) en San Fiz de Xesta (Dozón-Bendoiro). O nivel máis antigo está datado por C-14 calibrado no século XI d. C. Escavación de 2008 dirixida polo noso compañeiro Roberto Aboal (LAPA, CSIC).
Vitres
-------------------------
O Faiado 2 organiza as VIII Xornadas de Patrimonio Etnográfico do Barbanza
As charlas terán lugar na sé do Museo Valle-Inclán, en A PobraPosterous Díptico co programa. A xornada terá lugar o 10 de outubro, sábado, no Museo Valle Inclán de A Pobra do Caramiñal.
Se non da visto o documento superior, poñémosllo en formato txt:
PROGRAMA
Sábado 10 de outubro
|
09:30 h |
Inauguración a cargo das distintas autoridades |
|
09:45 h |
Relatorio: “Vestixios da aculturación romana na Península do Barbanza”. A cargo do historiador D. Antonio González Millán. |
|
10:15 h |
Relatorio: “Entre ambas as dúas rías: Arqueoloxía, vías de tránsito e paisaxe no Barbanza” A cargo de D. Xurxo M. Ayán Vila (LAPA, CSIC), D. Pastor Fábregas Álvarez (LAPA, CSIC), D. Leonardo González Pérez ( Alicerce, S.L.), D Xosé Manoel Sánchez Sánchez (Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago). |
|
10:50 h |
Relatorio: “Presentación do traballo de campo realizado dende a Asoc. O Faiado-2 durante maio, xuño e setembro de 2009 sobre camiños no Barbanza”. A cargo de Dª. María Luísa López Otero (O Faiado 2). |
|
11:15 h |
Pausa-café |
|
11:30 h |
Relatorio: “As vías de comunicación en Galicia”. A cargo de D. Carlos Nárdiz Ortiz, Dr. Enxeñeiro de Camiños, C e P. e Decano do Colexio de Galicia |
|
12:30 h |
Peche a cargo das autoridades. |
|
12:45 h |
Traballo de campo. Percorrido relacionado co tema |
|
14:30 h |
Remate da sesión |
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
ASOC. O FAIADO 2
Tfno: 981 846 392
Móbil: 630 606 323
Correo e. : ofaiadodous@gmail.com
MUSEO VALLE-INCLÁN
Tfno.: 981 831662
Correo e.: museo@valle-inclan.org
DATOS DE INSCRICIÓN
NOME E APELIDOS: …………………………………………………….
LOCALIDADE: ……………………………………………………………
TELÉFONO DE CONTACTO: ………………………………………….
CORREO ELECTRÓNICO: ……………………………………………..
Nota : Recomendamos roupa e calzado axeitados para a saída.
Ó remate haberá unha comida de traballo. Se tes interese ponte en contacto con nós.
Relacionado: Xurxo M. Ayán Vila colabora en Certo, aquí
Publicado: sábado 26-sep-09
Páxina anterior: Arqueoloxia
Páxina seguinte: Deportes