XII_Mostra_de_Curtas_Vila_de_Noia

Se queres ir tomándolle o pulso á Mostra, entra no grupo de Facebook adicado a ela
As fichas de inscrición xa están en http://www.curtasnoia.es
Tamén as colgamos no noso Posterous, xunto con bases en inglés e castelán

-------------------------------------------------
XII MOSTRA DE CURTAS VILA DE NOIA 2010
BASES
A Concellaría de Cultura, Festexos e Mocidade do Concello de Noia convoca a XII Mostra de Curtas Vila de Noia 2010, que se celebrará entre o 26 de novembro e o 5 de decembro de 2010, baixo as seguintes bases:
1. PARTICIPANTES
Poderán participar todas as producións que o desexen, profesionais ou afeccionadas (amateurs), realizadas dende o 1 de xaneiro de 2009. As obras a concurso deberán estar realizadas preferiblemente en galego ou castelán. As curtas realizados noutra lingua diferente das dous anteriores, deberán incluír obrigatoriamente subtítulos en galego ou castelán.
Os gastos de envío correrán a cargo do participante, por tanto a organización da mostra non se fará responsable do deterioro ou perda da curtametraxe durante o traslado. A organización ten subscrito un seguro para todas aquelas obras que participen na mostra. A organización farase cargo dos gastos orixinados pola devolución das devanditas obras.
Os participantes correrán coa responsabilidade dos posibles danos causados a terceiros pola proxección dos seus traballos na Mostra de Curtas Vila de Noia 2010. Neste sentido a organización da mostra quedará exenta de calquera responsabilidade legal na que se puidese incorrer coa exhibición destes traballos.
2. PRESENTACIÓN E FORMATOS
Cada autor poderá presentar a concurso un máximo de tres obras, en soporte DVD ou 35mm, únicos formatos admitidos para a mostra. Con cada curtametraxe enviada a concurso deberá aparecer o nome da obra, o nome do autor e a duración do traballo, ademais dunha pequena biografía artística do autor.
As obras realizadas en 35mm deberán presentarse en DVD para a súa selección previa.
Sendo a mostra un concurso de curtametraxes, a duración dos traballos deberá ser igual ou inferior a 25 minutos, títulos de crédito inclusive. A temática e xénero das obras é totalmente libre. Non se proxectarán aqueles traballos de carácter turístico ou publicitario, nin aqueles que non ofrezan unhas garantías técnicas mínimas para unha correcta proxección. Os traballos poderán ser tanto mudos como sonoros.
O prazo de recepción conclúe ás 14:00h do día 1 de outubro de 2010. Os participantes deberán enviar xunto coa película a ficha de inscrición debidamente cuberta ou mediante correo electrónico, a ficha pode atoparse na páxina web http://www.curtasnoia.es
A ficha de inscrición enviarase ao e-mail: mostradecurtasviladenoia@gmail.com ou se poderá achegar co envío do traballo para a súa selección.
Os interesados en participar enviarán as súas curtametraxes á seguinte dirección postal:
MOSTRA DE CURTAS “VILA DE NOIA”
ROSALÍA DE CASTRO Nº2
15.200 NOIA – A CORUÑA

Rosalía de Castro 2 é o enderezo do Concello
3. SELECCIÓN
A organización da Mostra de Curtas Vila de Noia resérvase o dereito de seleccionar as obras a incluír na mostra de entre todas as curtametraxes recibidas. A organización da mostra comunicará aos seleccionados a súa participación.
No caso da sección, Mellor Curta Comarcal, só serán admitidos a concurso aqueles traballos de participantes que sexan da comarca de Noia ou Barbanza. A participación dependerá de que o director sexa das devanditas comarcas ou que a produción sexa comarcal, que a curtametraxe se gravara na zona, que o equipo pertenza na súa maioría á comarca. O curto que cumpra calquera destes puntos será admitido a preselección.
As copias de vídeo enviadas para a súa selección pasarán a formar parte do arquivo da mostra, entendéndose que os autores ou produtores dos traballos dan a súa autorización para facer uso delas e ser exhibidas sen fins comerciais. Do mesmo xeito os datos do autor, obra, etc., das obras poderán ser incluídos en publicacións da mostra.
4. CATEGORIAS E PREMIOS
Os premios estarán dispostos do seguinte xeito:
4.1. Producións en 35mm:
- Mellor curtametraxe en 35mm: 3.000 € + trofeo conmemorativo.
4.2. Producións en vídeo:
- Mellor curtametraxe en vídeo: 750 € + trofeo conmemorativo.
- Mellor curtametraxe comarcal: 300 € + trofeo conmemorativo. Este premio outorga ao gañador unha praza na sección oficial de vídeo.
4.3. Producións en vídeo ou 35mm
- Mellor dirección: 1.000 € + Trofeo conmemorativo.
- Mellor guión: 500 € + trofeo conmemorativo.
- Mellor actor: 500 € + trofeo conmemorativo.
- Mellor actriz: 500 € + trofeo conmemorativo.
- Mellor montaxe: 500 € + trofeo conmemorativo.
- Mellor curtametraxe de animación: 500 + trofeo conmemorativo.
- Premio “Narracións Extraordinarias”: 500 € + trofeo conmemorativo.
- Mellor curtametraxe internacional: 500 + trofeo conmemorativo
4.4. Premios especiais:
- Premio especial do público: 300 + trofeo conmemorativo.
- Premio especial homenaxe a toda unha carreira de cine: trofeo conmemorativo.
- Mención especial do xurado: trofeo conmemorativo.
O pagamento dos premios farase mediante transferencia bancaria. (o premiado deberá presentar unha acreditación de titularidade da conta bancaria para que o cobro se faga efectivo)

Teatro Coliseo Noela, lugar habitual de celebración desta mostra
XURADO
A selección e concesión dos premios da mostra realizarase a proposta do xurado nomeado por resolución municipal da Alcaldía-Presidencia e estará formado por representantes do mundo audiovisual, membros da organización e un traballador do Concello.
O criterio que seguirá o xurado para a concesión dos premios será:
- Mellor curtametraxe en 35mm: A concesión do premio farase valorando globalmente o traballo, é dicir; o guión, a dirección, a montaxe, o ritmo e tempo narrativo, a fotografía, o traballo interpretativo, etc.
- Mellor curtametraxe en vídeo: A concesión do premio farase valorando globalmente o traballo, é dicir; o guión, a dirección, a montaxe, o ritmo e tempo narrativo, a fotografía, o traballo interpretativo, etc.
- Premio Narracións Extraordinarias: A concesión do premio farase valorando globalmente o traballo, é dicir; o guión, a dirección, a montaxe, o ritmo e tempo narrativo, a fotografía, o traballo interpretativo, etc. Este premio pretende agasallar á curtametraxe máis innovadora, tanto en aspectos formais e estruturais como en aspectos temáticos, indiferentemente do xénero.
- O criterio a seguir para a concesión dos premios de guión, montaxe, animación, dirección, actriz e actor, será a análise de cada un destes puntos en cada curtametraxe concursante na mostra.
- Mellor curta comarcal: A concesión do premio farase valorando globalmente o traballo, é dicir; o guión, a dirección, a montaxe, o ritmo e tempo narrativo, a fotografía, o traballo interpretativo, etc
- O premio especial do público concederase mediante a votación dos asistentes á mostra durante as xornadas que dure a mesma.
5.1 Traballos premiados
O fallo do xurado será publicado no taboleiro de información do Concello de Noia, así como na páxina web http://www.curtasnoia.es
A inscrición na XII Mostra de Curtametraxes Vila de Noia 2010 implica a aceptación total destas bases.
Publicado: martes 08-jun-10
Agregar Comentario