Virxe
Unha amiga, da que eu me fiaba e coa que acostumaba partillar confidencias, contoume os avatares que aconteceron para conseguir deixar de ser virxe e con iso ter a súa vaxina libre de impedimentos para esa coiunda que tanto ansiaba xa.
Narrarei os seus segredos sen por iso faltar á súa confianza, posto que nin nomes nin apelidos direi. Nin tan sequera os meus propios son coñecidos, co que difícil o teñen os que se empeñen en desentranar a identidade da miña amiga, á que chamarei Anabel.
Anabel tiña dezanove anos cando se namorou dun morenazo de corpo toureiro e sorriso dentiflor. Un guapetón que máis tarde a deixou cunha mensaxe de texto no seu teléfono e lle tronzou o corazón. Pero moito antes diso o galán cortexouna con risas e carantoñas, e logo ela abreu as súas portas. As súas pernas.
Non podo asegurar o tamaño exacto da pirola do xitano, ou a firme pechazón dela, pero Anabel asegurábame que el a tiña inmensa e que ela estaba clausurada cunha capa virxinal tremendamente resistente aos empurróns del. Ela xurábame que o membro del era do grosor de dous puños e comparaba a súa dureza coa rocha máis firme, pero unha nunca pode fiarse dunha rapaza tan inexperta.
Total, que nin de brincadeira entraba aquelo.
- Nin a puntiña do balano, Susana! Nin a puntiña entra! -contábame Anabel desesperada ante a súa incapacidade de entregarse por completo.
Parece ser que el comportábase no empeño común desvirgatorio: lambía a súa crica moi axeitadamente e esmerábase na zona onde debería estar a entrada. Lubricaba ben de saliva e intentaba introducir a punta da lingua, acadando, nembargantes, escasos resultados. Untábaa con vaselina, cos dedos precisos nas espenucas da flor en alicerce, e levábaa ao éxtase favorecedor de dilatacións e ensanchamentos, pero os seus fortes músculos continuaban pechados e os seus avances eran descorazonadoramente lentos. Ás veces, o tipo, xa cansado e de mal humor colocaba a verga apuntando direito na diana e lanzaba fortes estocadas de macho en celo. Entón lastimábaa e ela berraba, co que se rachaba o feitizo e transformaba o acto de amor nunha animalidade furiosa, ata o intre no que el verquía o seu abundante leite fóra da concha pechada, desistindo por fin, suoroso e esgotado, da ardua tarefa.
Así pasaban os solpores da miña amiga e o seu mozo cando ela se decidiu a intentalo pola súa conta e risco. Anabel colgou o seu bolso ao ombreiro e dirixiuse aos grandes almacéns, sección de velas para decoración. Rebuscou entre unhas e outras e por fin conseguiu o conxunto que precisaba, dende unha miudiña do tamaño do dedo pequeno ata a gordiña, un peliño máis fina que o pene en ereción do seu mozo -a Anabel gustaríalle que el dera o estoque final ao seu himen-.
Non perdeu o tempo, pero si os exames finais de segundo de Filosofía, especialidade na que cursaba estudios, porque a súa prioridade estaba clara.
Pouquiño a pouquiño Anabel, deitada nos almofadóns da súa cama, rebuscando entre as espenucas máis luxuriosas do seu cerebro, foi abrindo corredoiriña na súa gruta para ofrecérllela ao seu amor. Ese amor traicioneiro que despois a deixou -por outra- cunha mensaxe de texto no seu móbil.
Todos os textos de Susana Moo en Certo, aquí
Publicado: jueves 13-ago-09
Páxina anterior: Susana Moo
Páxina seguinte: Susana_Moo_castellano
Agregar Comentario