Verán_cultural_Noia
Presentada a programación do Verán cultural noiés

Noia, 18 de xuño de 2009. O concelleiro de Cultura, Festexos e Mocidade de Noia, José M. González Canabal, presentou hoxe a programación xeral do que vai constituír o "Verán cultural" noiés. En verbas do concelleiro, "a crise afecta á cultura en todas partes pero non á imaxinación".
Así, en xullo o prato forte será a Feira Medieval, que chega á súa duodécima edición, e en agosto, o festival de música alternativa "Mar de Fondo". En canto a este festival musical, que busca ser un referente na escena de festivais galegos adicados á música, escollerá a denominación "Shake and Vibrate", cunha pequena homenaxe aos sons beat, mod, R&B, Soul, funk e yeyé, entre outros. "Falta un grupo por confirmar, aínda que a crise nos condicionou a confección do cartel, aumentamos un grupo máis cada día. Haberá bandas locais, haberá dúas bandas estranxeiras, e máis sorpresas", adiantou Canabal.
En cada actividade haberá unha presentación máis detallada uns días antes da súa celebración, pero polo que poden ler a continuación, xa poden ir escollendo as súas actividades preferidas e ir facendo axenda.
PROGRAMA ACTIVIDADES DE VERÁN 2009
Departamento de cultura, Festexos e Mocidade do Concello de Noia
XULLO 09

4 e 5 de xullo –FESTIVAL CANINO
Campionato de Galicia 2009 do Club Rottweiler de España. Campionatos de traballo e de beleza.
.Campionato Rexional de Golden Retriever.
.Campionato Rexional de Bulldog Inglés.
.Proba do Campionato Rexional de Agility.
Paseo Marítimo
Sábado :mañá e tarde
Domingo: mañá
5 de xullo
I XUNTANZA DE LABORES ARTESANAIS E FESTA DA EMPANADA
.I Xuntanza de Labores Artesanais (Venda e Exposición) na Alameda . Mañá e tarde

.Festa da Empanada na Alameda (mañá e tarde)
Concurso ás 12:00 h.
(Concellaría de Relacións Veciñais. Información no Concello de Noia)
OBRADOIROS VERÁN 09
.AEROBIC RECREATIVO ( 9 a 13 anos) – Xullo e Agosto
Venres: 11:30 a 12:30 h.
. OBRADOIRO DE MÚSICA ( 3 a 12 anos)-Xullo
Martes, mércores e xoves
10:30 a11:30 h.: 8 a 12 anos
11:30 a 12:30 h.: 5 a 7 anos
12:30 a 13:30 h.: 3 a 5 anos
.OBRADOIRO DE PLÁSTICA ( 5 a 12 anos)- Xullo
Martes e xoves
10:30 a 12: 00: 8 a 12 anos
12:00 a 13:30: 5 a 7 anos
Os obradoiros impartiranse na Casa da Xuventude
(información no departamento de Cultura do Concello de Noia)
CONCERTOS DA BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE NOIA
días 5, 12, 19 e 26 de xullo
Domingos na Alameda ás 20:00 h
EXPOSICIÓN
Casa da Cultura: pinturas de Alicia Pérez López, 1º quincena
XII FEIRA MEDIEVAL DE NOIA. 17, 18 e 19 de Xullo
CURSO DE VERÁN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
21, 22 , 23 e 24 de Xullo
VILAS E PORTOS NA FACHADA CÁNTABRO ATLÁNTICA. SÉCULOS XII-XVI
Directora: Profesora Elisa Ferreira Priegue (USC)
(Concellería de Educación - Universidade de Santiago)
PROGRAMA RÚAS VIVAS
(Concello en colaboración con Asociación Noia Histórica) do 21 de xullo ao 13 de agosto
Mércores de cine; Xoves escénicos; Venres musicais
AGOSTO 09
CONCERTOS DA BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE NOIA
2, 16 e 30 de agosto
20:00 h. na Alameda
CAMPAMENTO URBANO
(nenos de 5 a 14 anos)
(do 3 ao 8: 5 a 9 anos)
(do 10 ao 15: 10 a 14 anos)
10:00 a 13:00 h

FESTIVAL DE MÚSICA ALTERNATIVA “MAR DE FONDO”
14 e 15 agosto
Patio “IES Campo de San Alberte”, 20:30 h.
III CONCENTRACIÓN MOTOTURÍSTICA “VILA DE NOIA”.
14, 15 e 16 de agosto
MAXIA
Do 16 ao 26- Teatro “Coliseo Noela” 22:00 h.

EXPOSICIÓN:
Coliseo Noela: Miradas Emerxentes do 17 de agosto ao 2 de setembro
(Deputación Provincial)
FESTAS DE SAN BARTOLOMEU
21 ao 26 de agosto
TEATRO
LA CASA DA BERNARDA ALBA pola Aula de Experiencia da Universidade de Sevilla
22:00 h. Teatro “Coliseo Noela”
Relacionada: Xuño cultural en Noia, aquí
Publicado: jueves 18-jun-09
Carai! Non imos ter tempo de parar...