Transporte_Vilanova_Pobra

Compartir

A Xunta recuperará o transporte marítimo entre Vilanova e a Pobra do Caramiñal

A Consellería do Mar executará o proxecto que comezará a funcionar o próximo verán



    Santiago, 24 de xullo de 2009.- A Consellería do Mar comprometeuse a recuperar o transporte marítimo entre Vilanova e A Pobra. Foi o que lle trasladou a conselleira, Rosa Quintana, ao alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, nun encontro no que tamén estivo o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana.

    O Concello de Vilanova encargarase do proxecto, que incluiría unha estación marítima, e a Consellería do Mar -a través de Portos de Galicia- de executalo. O obxectivo é recuperar a ruta marítima na ría de Arousa entre un e outro municipio, co fin de mellorar as comunicacións e potenciar o turismo.

A conselleira do Mar co alcalde de Vilanova: haberá reunión co alcalde de A Pobra?

   Os prazos e as cifras coñeceranse nun prazo de dúas semanas e está previsto que o próximo verán esta ruta comece a funcionar. A iniciativa xurdiu a raíz do irmandamento entre as dúas comarcas, no que decidiron intensificar as súas relacións e levar a cabo proxectos comúns.


   O alcalde de Vilanova valorou positivamente o encontro coa conselleira do Mar e aproveitou para salientar que “o sector mexilloeiro está moi agradecido a Rosa Quintana polo seu traballo, sobre todo respecto da modificación da Lei de Pesca polo que atinxe á modificación do cómputo das bateas”.


Compartir

Publicado: viernes 24-jul-09

Agregar Comentario

Agregar Comentario

Su nombre(*):
Comentario(*):
 

Imprima esta página Menea esta nova Chuza esta nova

Páxina anterior: Pobra do Caramiñal
Páxina seguinte: Porto do Son