Tempos_de_soidade_e_meditación
Imaxes: acampada do 15M no Obradoiro en 2011
Estamos a presenciar o impacto dunha das crises máis agudas da nosa historia económica. O problema é que o escampe desta crise parece que aínda fica lonxe. Case podería asegurar que os 18 meses que diagnosticara se van quedar curtos. Quizais, entendo eu, que as recetas económicas que escomenzaron a implementar non foron (algunhas delas) as máis importantes e as que en primeiro lugar había que instrumentar. Explíquemos isto.

Unha vez que a crise económica financeira mundial fixo acto de presenza nas economías occidentais e, por causa dos propios efectos da globalización, expandiuse a escala mudial, fai falla que se deseñe un Plano de Choque encamiñado a minimizar os efectos lesivos e perversos do fondo da crise. Para empezar, é necesario que o goberno español faga un atinado plan de axuste no gasto público. En iso estou de acordo. Non o estou tanto cando se trata de meter a tesoira a unhas partidas antes que as outras. Vexamos a reflexión.
En primeiro termo, hai que facer unha reestructuración do gasto público da Administración en profundidade e ata as derradeiras consecuencias. Así, a radiografía que se dibuxa é unha asimetría sen parangón. Por un lado, temos a 33.000 profesores titulares de universidade, pouco máis de 150.000 médicos e, (aquí é donde hai unha fonda asimetría), nada menos que 475.000 políticos largos que están a percibir os seus salarios dos impostos do contribuínte. Penso que un país con 47 millóns de habitantes e cunha situación de máis de 5 millóns de parados (debemos contar os que están inscritos nos cursos do INEM), necesita que o programa de recortes escomence polo adelgazamento do obeso sistema público español. Así as cousas, coido que habería que rebaixar o censo de empregados públicos. Habería que ir reducindo o total de políticos.

En segundo lugar, as asignacións a tempo total deberían ser moito menores (en teoría eles xa tiñan un emprego antes de ir á política). Con estas aplicacións íanse reducindo un importante volumen de gasto corrente da administración pública. En terceiro lugar, aqueles empregados públicos que foron situados polo sistema de libre designación (asesores nomeados en etapas de bonanza para altos cargos, ou cargos de confianza) deberían reducirse sensiblemente. O funcionario de carreira é o que ostenta unha mellor capacidade formativa. Hai que confiar neles e esixirlles eficiencia, eficacia e responsabilidade. Non pode acontecer máis que un funcionario da escala A (Xuiz, Secretario de concello, interventor, etc., etc.) entre no seu posto de traballo ás 10:30 h ou ás 11:00. Hai que exercer un cargo público con honestidade cara ao contribuínte. Hai que avaliar a súa productividade e comparala coa dos países da U.E. que son máis desenvolvidos para coñecer de primeira man donde nos atopamos.

Por outra parte, a política de gasto excesivo: coches oficiais, escoltas, dietas oficiais por cargo público, viaxes en clase Business, etc., etc., deben desaparecer. Esta partida non é a que máis me preocupa, pero tamén ten a súa suma o valor agregado final do gasto público. Sería de grande interese a reforma da Administración Pública española. Sentarse todos e pensar se o inframunicipalismo ten lugar nos días de hoxe. Persoalmente, e polo seu impacto económico, debo dicir que os concellos de menos de 7.000 habitantes non teñen sentido. Hay especialistas que sitúan este umbral nos 10.000 habitantes e incluso outros sitúan ese umbral nos 20.000 habitantes. Así, parece que a solución é a figura do supramunicipalismo. Para iso, hai que deseñar unha nova planta municipal.
As pegadas a dar son unha revisión en profundidade da Lei de Bases de Réximen Local española e a Lei da Administración local da C.A. de Galicia. Esa ferramenta posibilitaría cumplir co principio de legalidade (o ordenamenteo xurídico) adapatado aos tempos dunha crise que nos indica que sobra moita xente. Non pode acontecer máis que as diputacións se adiquen a fomentar o emprego clientelar. Os casos máis excepcionais témolos en Lugo no período do Sr. Cacharro Pardo e en Ourense, aínda hoxe, xa que logo do 100% do gasto en inversión, só se destina o 17%, o resto é para pagamento de salarios a empregados públicos. O que máis me sorprendeu foi o feito de que agora (en pleno S.XXI e na era das TICs) as institucións son herdadas polos fillos dos gobernantes. Isto é, Ourense é o Sr. Baltar. Non hai moito tempo que dixo cando (sic) “cando eu falo o Presidente (da Xunta) sabe que fala Ourense.” Bueno, non hai comentario racional para iso. O despotismo ilustrado hai anos que quedou superado pero aínda hai reductos.
Unha vez que se aplican os axustes ao sistema da Administración pública (a escala nacional, autonómica, municipal), veríamos como solución a reducción sensible do número de parlamentarios nas cortes xerais, nos parlamentos autonómicos e no parlamento europeo. O total de concelleiros debe reducirse (non só nun 30%) ata umbrales que garanticen un aforro lóxico. As deputacións provinciais deben ser estudadas polo miúdo. Hoxe non terían cabida no modelo de organización territorial español. Máis ben imos cara un modelo supramunicipal: Áreas metropolitanas, comarcas, mancomunidades, consorcios, etc. Hai que estudalo a fondo e avaliar os custes dun modelo e outro.

Con atención ao Senado, teño moitas dúbidas en forma e fondo. Explicareime. Tal e como está hoxe en día concebido non ten razón de existir. Debe ser, como derradeira oportunidade, unha verdadeira Cámara de representación territorial ou sinón no vale de nada. Así, é necesario afrontar a fondo e polo miudo unha nova reformulación da Cámara Alta. Non pode ser un “cimiterio de elefantes.” Pero aínda con todo, a reforma da Administración aínda ten marxen de maniobra para fomentar un maior aforro.
Actualmente, cada CC.AA. ten unha televisión que está a dar unhas perdas moi cuantiosas. Non digo nada das televisións locais e radios locais. Agora os municipios atópanse que os cartos xa non chegan e danse conta dos erros do pasado. Por tanto, a televisión pública de calidade debe estar garantida. As canles autonómicas que incurran nun déficit non sostible e non imputable ao principio de interese público deben ser pechadas. É duro, pero é xusto. Ata o de agora o cidadán corrente estivo a soportar sobre o seu lombo a pesada carga dos axustes, recortes, perda de calidade de vida e benestar social. Despois tocoulle o turno aos xubilados e clase rentista (enfermos que necesitan atención á dependencia).
Por outra banda, e a min isto cáeme moi preto, tamén entendo que moitas universidades españolas non teñen razón de ser. Fai falla un ordenamento educativo da enseñanza superior. En Andalucía cada provincia ten a súa universidade. Algunhas delas en determinadas titulacións son deficitarias e xeran fondas perdas. Por tanto, aquí hai marxe para actuar. En Galicia acontece o mesmo. Sería máis lóxico integrar as tres e deixarse de egos. Non pode haber gastos en tres reitores, non sei cantos vicerreitores, xefes de gabinete, prensa, etc., etc. Así non vamos. As teses que se esgrimen adoitan ser, “o noso non é gasto, é inversión”. Bueno, segundo como se vexa. Non vou entrar aí. A cuestión é que si se lle pide esforzo a un xubilado, a un parado que vai ver como lle quitan meses do subsidio de desemprego, nun período escuro, triste, depresivo, incerto, etc., sería lóxico que a xustiza escomenzara por todos os sectores antes dos máis fráxiles.
Eu tamén estou dacordo co feito de que os partidos políticos non teñan subvencións, nin os empresarios, nin os sindicatos. O que queira contribuir con estes poderes fácticos que o faga como aboado. Entre medias ese aforro podería ir para a clase emprendedora: xenerar microempresas para autónomos, capitalizar ás empresas familiares para que xeneren emprego, etc., etc. Necesitamos solucións de eficacia e eficiencia, equidade e responsabilidade. O resto é demagoxia barata.

Unha derradeira cuestión. O fondo problema da débeda do sector financeiro estámola a pagar todos os contribuíntes, xa que logo estase a pagar o rescate aos bancos con diñeiro público, cando non se fai o mesmo coas economías domésticas que ao quedar sen traballo poden perder as súas vivendas e pasar a unhas situacións de inxustiza, exclusión social e desprotección total. A min persoalmente dame moita mágoa ver como a mellor xeneración de mozos e mozas deste país está a emigrar a golpe de telediario. Fixádevos: hai un programa de televisión que está a dicir quen de España está en Alemaña, en Inglaterra, Franza, USA, etc., etc. Vemos que son xente moza que pertenece á economía do coñecemento e do talento. Emigran por falta de estímulos, oportunidades e por ver un futuro incerto, oscuro e carente de incentivos aquí. Facería falta instrumentar políticas activas para recuperar este talento e así potenciar o know how como fórmula básica para sair do impase no que nos atopamos. Agora fai falla constituir equipas de knowledge en concellos, Xunta, Administración Central que se adiquen a potenciar a nosa economía e que estean sometidos a dar resultados tanxibles en tempo. Sin non facemos nada de todo isto, a que vai vir aínda é peor.
Eu xa non teño as ilusións de antes porque vexo que os nosos gobernantes están a ser ninguneados na U.E. e damos a sensación de ser os bufóns dos mercados.
Artigo anterior:
Páxina anterior: El_hombre_que_miraba_al_mar
Páxina seguinte: Contos_da_Tasca_do_Cuco
