Surfista
O surfeiro William era parvo de todo. Vivía ao meu carón nun bungalow alá, na costa Este dos EEUU, visitábao ás veces porque preparaba moi ben as herbas. Traballaba como camareiro polas noites nun club de “reaggy music”. Polo día practicaba surf ou abdominais, dependendo de como estiveran as olas.
Non tiña, o coitado, dous dedos de fronte pero a min divertíame. Influían no meu bo humor os seus bíceps, tríceps, as pernas fibradas e o cuciño duro, os tatoos do peito, o pescozo firme e bronceado e tamén as herbas.De cara xa non me gustaba, con ese rir toleirón e esa pel de churrasco.
Era toleirón de todo e facíame preguntas parvas:
-
- Have you got cds in Mexico? (Tendes cds en México? Cría que Galicia era unha rexión de Europa pertencente a México e eu non llo desmentía).
-
- Oh no! We have just a sheep with gipsians singing at streets (Oh no! Dicíalle eu con toda a miña seriedade, alí a música que escoitamos procede duns xitanos que cantan cunha cabra enriba dunha cadeira).
Interesábase moito pola miña cultura:
-
- Do you go to the beach over there? (Tendes praias?)
Entón conteille que na miña terra podiamos ir á praia en top-less. Esaxerei un pouco: díxenlle que a maior parte da xente vai espida, e corre, salta e fai pinchacarneiros na area fina das praias das nosas rías -ai! Que morriña. -. Díxenlle que alí homes e mulleres mesmo tiñamos a liberdade de facer o amor, que non se asustaba a xente de Galiza. -Ja!- Unha trola que o deixou tan conmocionado que penso que aínda hoxe debe ndar a barallar no asunto.
-
- Do YOU show your tits? (Tí as ensinas?)
-
- Absolutely. (Si)
-
- So, show me them! (Amósamas entón!)
Estabamos os dous no seu xardinciño, que o tiña ben agochado das miradas exteriores porque plantaba -e fumaba- esas herbas que tanta risa provocan.
- Show me your tits here! (Quero ver as túas tetas aquí!)
-
- Not! (?)
Obsesionouse: se eu amosaba os meus peitos a todo quisqui en Galiza, México. “Why don´t to me??” (Por que, por que non a min?)
-
- Come on! Show me! (Veña oh, móstramas!)
Non me apetecía revoltallo ningún co surfeiro cachas. Ás veces téñome arrepentido, pero non me apetecía, tan papaxán...
-
- Then, show me them! Why don´t? Show me!! (Ensínamas, móstramas, veña!)
Eu, moi dona de min co meu bikini de cortina, aseguráballe que en Galiza e común ver mulleres mozas e vellas poñéndose crema nos peitos unhas ás outras, sobre todo nos pezóns, que se queiman con facilidade... latricaba sen parar deixando voar a miña imaxinación mestres puña protección solar na barriga, encantada de provocar ese morbo e de mirar ao tipo a ferver fume baixo o sol californiano.
-
- Even we put cream at pussy. (Incluso na cona poñémonos crema unhas ás outras. Non ten nada de malo, é natural).
-
- Really? Show me. Please! (Insistía o californiano cachas)
-
- Non!
Non me tivera costado nada correr a licra do meu bikini de cortina e ensinarlle as tetas, pero non o fixen. Non quixen.
Ás veces arrepíntome.

De costas o tipo estaba para mollar pan
Todos os textos de Susana Moo en Certo, aquí
Publicado: miércoles 01-jul-09
Páxina anterior: Susana Moo
Páxina seguinte: Susana_Moo_castellano
Agregar Comentario