Autovía_a_120

Compartir

Autovía do Barbanza: toda a 120 en breve



Recomendarase unha velocidade máxima de 100 km/h (sinal con números brancos sobre fondo azul) naqueles treitos que, ben polo seu trazado ou pola distancia de visibilidade de parada, así o requiran


    (Vía Xunta.es) Barbanza, 12 de xaneiro de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, avanzou esta mañá que o departamento que dirixe tomou a decisión de establecer unha velocidade máxima de 120 km/h en todo o trazado da autovía do Barbanza, agás na zona de entrada e saída no extremo de Ribeira, así como na saída no extremo de Padrón. Tamén precisou que recomendarase mediante a sinalización correspondente unha velocidade máxima de 100 km/h.ao longo do seu percorrido aqueles treitos que, ben polo seu trazado ou ben porque a distancia de visibilidade de parada o requira,

    O titular de Medio Ambiente fixo este anuncio durante unha visita realizada hoxe ao Concello da Pobra do Caramiñal, onde explicou que esta decisión está avalada polo informe elaborado pola Guardia Civil de Tráfico, no que se propón unha variación dos límites de velocidade situando todo o trazado cunha limitación de 120 km/h, con limitacións perceptivas de aproximación nos tramos finais de cada sentido. No informe tamén se indica que a nova situación non impediría, si se considera conveniente, que se mantivese algunhas sinais de 100 km/h, como velocidades recomendadas

    A decisión da consellería aportará claridade aos usuarios, que pasarán a ter unha limitación homoxénea ao longo dos 40 quilómetros de percorrido, evitando a confusión que a sinalización actual está a provocar. Cabe salientar que en toda a autovía existen nestes momentos ata 30 alternancias de velocidade, moitas delas en tramos moi curtos, que non aportan nada á seguridade vial e que non son ben entendidas polos condutores.

    Ante esta realidade, decidiuse homoxenizar a velocidade da AG-11, polo que esta mesma semana comezarán os traballos para instalar a nova sinalización de velocidade, e que se prolongarán ata finais do presente mes.

    Segundo manifestou o conselleiro, a recomendación dos 100 km/h afectará a sete treitos en sentido Padrón-Ribeira, dos que un ten unha lonxitude de 8,47 quilómetros –do pk 11+030 ao pk 19+500-; catro oscilan entre 1 km e 2,4 km e os outros dous restantes son de 420 metros e 650 metros. No caso do percorrido Ribeira-Padrón, os treitos afectados pola recomendación de circulación a 100 km/h son catro, dous dos cales teñen unha lonxitude de 6,05 km e 5,1 km, mentres que os dous restantes son de 350 metros e 250. O conselleiro indicou que en ambos sentidos existe un treito recomendado a 80 km/h, que se corresponde co falso túnel existente entre os pk 6+400 e o 7+120, o que representa unha lonxitude de 720 metros.

    Hernández explicou que ao longo dos 40 quilómetros de autovía colocaranse 22 sinais novas de prohibición ou restrición –todas estas sinais levan aparellada un límite de velocidade de 120 km/h-; 64 elementos de recomendación e fin de recomendación; catro sinais de advertencia ou perigo por curvas perigosas; e, por último, dúas sinais relativas aos sarxentos (son aquelas que teñen forma rectangular e mesturan as cores brancas e azul mariño).

Un dos tramos a 100

Antigos artigos sobre esta infraestrutura, aquí

Inauguración oficial, aquí

Artigo de opinión do noso colaborador José Manuel Pena en "Por libre", aquí

Entrada no blog de Blas García, socialista blogueiro de Boiro, sobre o asunto, aquí

Opinión dos arqueólogos de Neixón sobre a nova autovía, aquí

Antes, publicamos:

    Velaquí temos a nova vía de comunicación que vai traer todo o malo e todo o bo que suporá o turismo e o transporte por unha infraestrutura do século XXI.

Autovía en Flickr

Respectando límites de velocidade: 40 minutiños da Avenida do Malecón de Ribeira ata a Avenida de Romero Donallo en Santiago... previo pago da peaxe da AP-9 de Padrón a Santiago (1'75 euros que moito nos tememos pagaremos aínda durante moitos anos para ir a Compostela).

obrero

Suponse que se están a dar os últimos retoques en superficie. Mais onde hai problemas, segundo denuncian veciños e mesmo políticos (tres alcaldes non asistiron á inauguración, aínda que as eleccións de marzo teñen moito máis que ver, no noso supoñer), é nos tramos inferiores, nos arredores que quedaron afectados por esta infraestrutura. As promesas son que se arranxarán logo. Logo veremos: o tempo sempre da e quita razóns.

AG-11

AG-11. Agardamos que este identificativo  se faga famoso por ben. E non como ocorreu coa vía rápida VG 1.1, que  tantos loitos provocou nesta bisbarra -máis de 40 mortos en só cinco anos-

viaduto ría de Arousa

Vista xeral do viaduto da Ría de Arousa. Teñen vostedes un excelente comentario do blog dos arqueólogos de Neixón, que precisamente miran este viaduto dende as escavacións, aquí

cartel auténtico

Neste treito pódense observar os elementos de seguridade para os motoristas: non notan algo debaixo do típico gardarraís de sempre? É a bionda. Hai 20 kilómetros dela. Debería ser obrigatoria en todas as novas vías, sexan ou non de alta capacidade, pero os motoristas terán que seguir coas protestas ata que o consigan.

precaución

Nestes mesmos paneis poderemos ollar no verán: atasco de Ribeira a Rianxo. Empregue vías secundarias. Será malo para os condutores. Bo -ou non tanto, depende de con quen fale- para a hostalería e o sector servizos en xeral.

Sempre a Rianxo

A desaparición de certas curvas -da morte- antes de Rianxo é un paso de xigante para a bisbarra.

Se quere ver o álbum de fotos no Flickr de Certo que fixemos sobre esta infraestrutura, aquí

viñeta histórica

Unha viñeta que pasa á historia

E tamén subimos a YouTube este pequeno vídeo:


Chuza esta nova
Compartir

Chuza esta nova
Publicado: martes 16-dic-08
Imprima esta página Menea esta nova Chuza esta nova

Páxina anterior: Inauguración oficial
Páxina seguinte: A_Caseira