Premio_poesía_2010
Luís Valle Regueiro, gañador do "Eusebio Lorenzo Baleirón" de poesía,
que neste 2010 chega á súa XXIII edición

Instantánea dun momento da deliberación do xurado na casa de cultura de Dodro
Dodro, 12 de decembro de 2010. Onte fallouse o premio "Eusebio Lorenzo Baleirón" en Dodro. Reproducímoslles íntegra a acta do xurado:
"No día de hoxe, 11 de decembro de 2010, tivo lugar o fallo do Premio de Poesia Eusebio Lorenzo Baleirón, por parte do xurado composto por:
Presidente: don Arturo Díaz Díaz, Alcalde do Concello de Dodro.
Vocal primeira: dona Ánxeles Penas, poeta e tradutora de Eusebio Lorenzo Baleirón.
Vocal segundo: don Modesto Fraga Moure, poeta.
Vocal terceira: dona Dolores Vilavedra, profesora da USC e crítica literaria.
Vocal cuarto: don Daniel Costas, gañador do certame do ano 2009.
Secretaria: dona Victoria Rei Mariño, tenenta de alcalde con delegación na Área de Cultura.
Acordan, previa deliberación do xurado, outorgar por unanimidade o premio ao seguinte traballo: ao libro presentado baixo o lema “Palabras e palabras e palabras”. Aberta a plica resultou ser da autoría de Luís Valle Regueiro. A obra titúlase "Fedor".
O xurado destacou a profundidade temática, a orixinalidade das imaxes, a musicalidade e un impecable coidado da lingua. Salienta tamén a calidade en xeral das obras presentadas, así como o elevado número, o que destaca a importancia que este Certame ten no ámbito da literatura galega.
Para que conste a todos os efectos, asinan acta o sábado 11 de decembro de 2010".
Composición do xurado
Presidente: don Arturo Díaz Díaz, Alcalde do Concello de Dodro.
Vogal primeira: dona Ánxeles Penas, poeta e tradutora de Eusebio Lorenzo Baleirón.
Vogal segundo: don Modesto Fraga Moure, poeta.
Vogal terceira: dona Dolores Vilavedra, profesora da USC e crítica literaria.
Vogal cuarto: don Daniel Costas, gañador do certame do ano 2009.
Secretaria: dona Victoria Rei Mariño, tenenta de alcalde con delegación na Área de Cultura..
Os integrantes do xurado fixeron logo unha visita á tumba do poeta que da nome a este premio, Euseo Lorenzo Baleirón, no cemiterio dodrense.


Quen é Luís Valle Regueiro?

Entrevistamos ao poeta gañador do "Eusebio Lorenzo Baleirón"
Páxina anterior: Axuda_ao_pobo_saharaui
Páxina seguinte: Cultura