Premio_Atlante

Compartir

Actualizado 19 de xullo

Acto de entrega do I Premio Atlante

 

Vídeos

--------------------------------------------------------

Galería de fotos en Flickr, aquí


Actualizado 14 de xullo

O conselleiro de Cultura asiste este sábado a Ribeira á entrega do I Premio Atlante


A inauguración e a entrega de premios do I Premio Atlante terá lugar o día 18 de xullo, sábado, ás 12:00 na sede da Fundación do Museo do Gravado de Artes. Estará presente o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela e os alcaldes das bisbarras de Barbanza e Noia.

           A exposición amosará unha selección dos gravados enviados ademais dos premiados: contará con medio cento de obras de diferentes países nos que se exemplifican diferentes técnicas.

-------------------------------------------------

Ganadores del I Premio Atlante


Sin título. Inga Scheibel



     Ribeira, 7 de mayo de 2009. Reunido en la sede del museo el jurado  del Primer Premio Atlante de Grabado, organizado por el Museo Del Grabado a la Estampa Digital, formado por Alfonso Costa Beiro, Anne Heyvaert, Rafael Romero Masiá, José Manuel López Vázquez y Juan M. Monterroso Montero,  ha acordado por unanimidad conceder los siguientes cinco premios de grabado, dotados cada uno de ellos con 2.300€.

Inga Scheibel. Sin título 


 

Carmen Salazar. Bolboretas

 


 

Teresa Herrador. Presencias

 


Pablo Casado Mena. Desencuentros.

 


Carlos González Villar. Sin título

       En la misma sesión se ha acordado por unanimidad conceder el premio de grabado del Barbanza  dotado de 1.200 € a María Teresa Creo Romero por este grabado:

 

 

     Se reconocen con una mención honorífica los grabados  de Pedro Peralta, Juan Carlos Mestre y  Germán Aparicio Fernández. Y con mención honorifica del premio de grabado del Barbanza a  José Ignacio Costa Beiro y Dominga Jesusa Lago Lago.

    El Museo del Grabado de Artes quiere dar las gracias a todos los artistas que presentaron sus trabajos en el I Premio de Grabado Atlante. También los felicita por la calidad de sus trabajos y los anima a que participen en las siguientes ediciones del premio. "Hemos quedado impresionados por los lejanos países de  los que nos han llegado los grabados, nada menos que 18 países de todo el mundo. Entre ellos países tan lejanos como Siria, Japón, Polonia  o Cuba entre otros. Llegaron a nuestra sede más de 300 grabados. Entre los ganadores hay un argentino, una de Costa Rica y una alemana, el resto españoles. La entrega de premios se hará en una exposición en el mes de julio que mostrará algunas de  las obras presentadas además de las premiadas", concluyó Rocío Hermo, una de las responsables del Museo.

--------------------------------------------------------------------------

Presentadas obras de todo o mundo ao I Premio Atlante

Imaxe de arquivo dunha exposición de Toshiro Yamaguchi, entrevistado aquí

 

    Santa Uxía de Ribeira, 18 de abril de 2009.- O Museo do Gravado de Artes anuncia que a finais do mes de abril vaise reunir o xurado do I Premio Atlante.

    A Fundación agradece o interese amosado por artistas de todo o mundo que fixeron chegar os seus traballos dende sitios tan lonxanos como Xapón ou Brasil. Hai obras presentadas dende Irlanda, Italia, Polonia, o citado Xapón, Chile, México, Paraguay, Uruguay, Portugal, Francia, USA, Brasil, Siria, Colombia, Cuba, Alemania, Arxentina e toda España. A directora do Museo do Gravado de Artes, Rocío Hermo Echevarrieta, sinalou que están "moi satisfeitos polo seu número e calidade, pois para ser o I Premio, estamos impresionados polos lugares tan lonxanos dende os que se presentan".

    O xurado deste I Premio Atlante está composto por:

     -          Anne Heyvaert, profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e gravadora. Unha artista que Certo entrevistou aquí

-                Rafael Romero Masiá, profesor de debuxo artístico na Escola de Artes Gráficas e Deseño Maestro Mateo,  en Santiago de Compostela.

-              Jose Manuel López Vázquez, profesor da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela.

-               Juan Monterroso Montero,  Decano da Universidade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela.

-               Alfonso Costa, pintor e gravador noiés.

 

    Unha vez fallados os premios, serán difundidos nos distintos medios de comunicación. A entrega cadrará cunha exposición no mes de xullo, na que se pendurarán unha selección dos mellores traballos presentados.



 

BASES DO I PREMIO DE GRAVADO “ ATLANTE”


Fundación Museo das Artes do Gravado

   1. Poderán participar todos os artistas nacionais e estranxeiros que o desexen, sempre e cando utilicen a técnica do gravado: augaforte, punta seca, maneira negra, buril, etc.… sobre prancha de zinc, cobre, metacrilato, etc...

   2.Admitiranse como máximo dúas obras por autor. O tamaño do papel será de 38cm x 28 cm. Os gravados deberán estar pensados para ser estampados a unha soa tinta. (A cor que o artista crea conveniente).

   3. Os gravados serán inéditos, sen teren sido editados nin numerados. Non se admitirán traballos realizados en serigrafía, litografía e reprodución dixital.

   4. Establécense 5 premios dotados con 2.300 euros cada un e un accésit dotado con 1.200 euros, para un artista nacido ou residente na Península do Barbanza (A Coruña). Estes premios estarán suxeitos ás retencións marcadas pola lei.

   5. Xunto coa obra achegarase a seguinte documentación:

    Datos do autor: nome e apelidos.

    Técnica utilizada. Medida da prancha.

    Breve currículo artístico.

    Fotocopia do DNI ou pasaporte.

    Enderezo e número de teléfono.


   6- Os gravados enviaranse sen enmarcar, convenientemente protexidos, á Fundación Museo das Artes do Gravado. Lugar de Outeiro. ARTES- Riveira. 15969 (A Coruña) España

                        Entre as datas do 1 de febreiro ao 15 de abril 2009

   7- A Fundación Museo de Artes comprométese a editar unha carpeta cos 6 gravados premiados. Os ganadores, deberán entregar a matriz á Fundación para a súa estampación, e o artista responsabilízase a numerar e firmar os 20 exemplares, máis 2 probas de artista. Os 6 artistas galardoados recibirán da Fundación unha carpeta completa cos seis gravados premiados.

   8. Os traballos seleccionados exporanse no Museo de Artes durante o mes de xuño 2009.

   9. O xurado estará formado por 5 personalidades do mundo da Arte, e a súa decisión será inapelable. A Fundación dará a coñecer na primeira semana do mes de abril os nomes dos membros do xurado.

   10- As pranchas premiadas quedarán en propiedade do Museo de Artes.

    11- A Fundación velará pola boa conservación dos traballos recibidos, pero non se responsabiliza polos danos causados durante o envío e devolución das obras. Os gastos de envío e retorno correrán por conta do artista.

  12. As obras non retiradas, nin reclamadas no prazo de 2 meses transcorridos desde a clausura da exposición, enténdese que o autor renuncia á obra e pasarán a engrosar a colección de Arte Gráfica da Fundación Museo das Artes do Gravado.

  13. O feito de participar neste concurso a artista acepta as bases e renuncia a calquera tipo de reclamación.

Para máis información:

981871342

fundartes@terra.es

www.fundartes.com

Bases en inglés, aquí


Chuza esta nova
Compartir

Chuza esta nova
Publicado: miércoles 14-ene-09
Imprima esta página Menea esta nova Chuza esta nova

Páxina anterior: Arte
Páxina seguinte: Arqueoloxía