Postos_de_traballo

Compartir

O BNG de Rianxo solicitará un informe das postos

de traballo novos creados ao abeiro dos fondos anticrise


    (Nota do Bng rianxeiro). O Grupo Municipal do BNG de Rianxo demandará a presentación dun informe completo por parte do grupo do goberno desde a Comisión Informativa de Urbanismo para que se lle informe rigorosamente do número real de postos de traballo creados ao abeiro do plan anticrise.

    Este destinaba uns dous millóns de euros a obras no concello e o BNG quere coñecer se finalmente están redundando na creación de postos de traballo novos en Rianxo, así como o número de desempregados que cada unha das empresas concesionarias das obras teñen incorporado para efectuar estas actuacións con vistas a mellorar os mecanismos futuros de concesión. Pedirá tamén que o Servizo Galego de Colocación en Boiro adxunte un informe do desemprego rianxeiro deste primeiro semestre do ano para complementar os dados municipais.


    O BNG e o resto da oposición foi excluído do proceso xeral de contratación polo que ignora que mecanismos impulsou o alcalde para conceder as obras, a que empresas e con que criterios e garantías para acadar o obxectivo de xerar empregos novos, non só manter os postos de traballo existentes nas diferentes empresas a conta de ter máis carga de traballo, un efecto que non sería o inicialmente agardado.

    Tamén queremos con vistas ao ano vindeiro, 2010 no que os fondos poderían ir destinados a equipamentos sociais e proxectos medioambientais, que se vaian promovendo determinadas actuacións que por falta de tempo e negociacións con outras administracións ou entidades quedaron fóra: equipamentos fundamentais como os vinculados á atención aos colectivos de mozos e mozas, como locais de ensaio e outras actividades artísticas e de lecer, para a terceira idade, ou para a as parroquias que precisan de equipamentos como o Araño ou realizar melloras nos existentes.

Outras iniciativas do Bng local, aquí

 


Compartir

Publicado: martes 02-jun-09

Agregar Comentario

Agregar Comentario

Su nombre(*):
Comentario(*):
 

Imprima esta página Menea esta nova Chuza esta nova

Páxina anterior: Rianxo
Páxina seguinte: Pobra do Caramiñal