Pornostar

Compartir

   Ana era, aos dazasete, unha monequiña perfecta. Descubrírona os da industria do porno e pasou a chamarse Amorax. Houbo que cambiarlle -iso si- os peitos, que seica eran pequenos de máis dadas as esixencias do público. Non supuxo inconvinte para Amorax e atopábase ben na talla 120: aos homes lles encantaban as protuberancias e as súas tetolas convertíronse nun fetiche.

    Aquelas tetazas inamovibles eran o seu punto forte e levábaas a todas partes sendo, cada vez que saía á rúa, obxecto de desexo de todo varón -e femia- que se cruzaba e non pasaron desapercibidas polo cameraman do equipo que namorou de Amorax e casou con ela coa intención de facer coa actriz todo o que vía que facían os outros. O esposo disfrutaba moitísimo detrás do obxectivo vendo á súa muller foder cos mellores: con aquel da verga de trinta centímetros, cos dous cachas de melenas e tatuaxes, con aqueles tres gais, cos mellizos e tamén co obeso tan famoso. Todos eles exaculaban nata montada nas tetas fetiche da esposa do cameraman, un a un ou en grupo, dependendo do guión, e el empalmaba e gozaba coa visión. Especialmente disfrutaba cando Amorax traballaba con compañeiras de profesión: coa morena de clítoris xigante, coa chinesa que exaculaba coma un home, coas tres lesbianas tatuadas, coas mellizas e coa obesa tan famosa. Todas lle lambían as areolas fetiche.

   O cameraman non perdía ripio e tiña empalmes estupendos nos rodaxes, pero a cousa mudaba cando estaban os dous a soas na casa: Ana chegaba cansa de sexo e non quería mais que mirar a televisión.

     .- Quita oh! Non sexas pesado; lle espetaba Ana cando el pasaba a manciña por debaixo da camiseta.

   Esta situación deprimía ao coitado do cameraman, ao que non lle quedaba outra que facer a palla mirando as esceas gravadas da súa muller. Coma un vulgar usuario de películas porno baixaba os pantalóns, separaba os calzóns e dáballe aire ao manubrio en solitario.

    O cameraman era a envexa de todos os seus amigos, era o ídolo de todos os fans de Amorax maila que o home – isto ninguén o sabía- non cataba o rodaballo. O esposo non botaba un polvo nin pa cristo coa súa muller pero disfrutaba ao seu xeito levándoa e traéndoa ao estudio.

Seica os peitos eran pequenos de máis dadas as esixencias do público...

Todos os textos de Susana Moo en Certo, aquí



Compartir

Publicado: martes 08-sep-09

Agregar Comentario

Agregar Comentario

Su nombre(*):
Comentario(*):
 

Imprima esta página Menea esta nova Chuza esta nova

Páxina anterior: Susana Moo
Páxina seguinte: Susana_Moo_castellano