Os_guerrilleiros

Compartir

    A Luísa cachondéana os guerrilleiros. Sen entrar a xulgar as súas preferencias bélico-sexuais paso a contarvos a historia desta muller porque ten o seu aquel.

   Luísa é un pouco machica e arrodéase de lesbianas coas que vai ao cine e anda en bicicleta. De cando en vez déitase con algunha pero tamén lle gustan os homes. Só para “usar e tirar” –expresión literal saída dos seus beizos-.

    Ás veces búscaos nos bares a altas horas da noite pero estes días vai ás manifestacións do metal en Vigo porque hai “cabróns a esgalla” – de novo me remito ás verbas empregadas por Luísa-.

    Disfrázase de rapaz e, como é pequena e esmirrada, da no papel: Camiseta frouxa, vaqueiros axustados, riñoneira na cintura, viseira na cabeza e deportivos nos pés.

    No rebumbio do xentío, Luísa semella un rebelde inconformista máis, co silbato nos beizos, facendo palmas. Ela busca se arrimar aos tipos máis brutotes e testosterosos, eses que desafogan os seus impulsos guerreiros queimando contedores e lanzando tornillería aos madeiros.

    Cando o ambiente está abondo caldeado e a poli arremete, ela non lle ten medo ás porras nin ás pelotas de goma e corre rúa arriba, rúa embaixo detrás deses discípulos urbanos de Ares.

    A suor, a enerxía destrutiva, excitan a Luísa e cando xa as súas fazulas ferven, cando xa o pube lle molesta de tan suado, arrímase ao máis salvaxe. Quita a gorra, saca peito –que o ten ben xeitoso aínda que non se lle note- e  mírao aos ollos enfebrecidos para lle dicir:

    - Imos follar.

    Ás veces os tipos rexéitana, máis entusiasmados cos petardos que co seu ofrecemento, e mesmo un matalote empurrouna:

    - Cala, puta!

    Pero os mais non o dubidan: xa non se separan dela ata que, correndo estrada adiante, Luisa lévaos a un hostal, motel ou pensión e expreme ao folguista barulleiro ata que queda seco e pacífico.

    Despois, sen bicos de despedidas nin caralladas, lárgaos e non quere volver saber nada deles.

El luchador Meissonier, de Aimébaudry

Todos os textos de Susana Moo en Certo, aquí


Compartir

Publicado: jueves 11-jun-09

Agregar Comentario

Agregar Comentario

Su nombre(*):
Comentario(*):
 

Imprima esta página Menea esta nova Chuza esta nova

Páxina anterior: Susana Moo
Páxina seguinte: Susana_Moo_castellano