O_camioneiro

Compartir

    Ofrecerse a un camioneiro na súa propia cabina é unha fantasía que me acompaña, pero non son quen de materializala: non dou amañado os feitos nos meus miolos porque non atopo o xeito adecuado de me ofrecer.

   Non quero engaiolalo nin que el me engaiole. O que quero é petar na porta do camión e dicir... Aí é onde atopo o croio, non sei como lle hei falar ao camioneiro.

    Se lle digo:

    -Fodemos?, estou a ser clariña coma a auga fresca, pero de seguro que pensa que son unha profesional e que lle vou cobrar polos favores. A min dáme morbo ofrecerme de balde ao camioneiro e non quero que se confunda.

    -Apetéceche botar un ferracholo?

    A palabra ferracholo coido que non a empregan as profesionais, pero tampouco me gusta caer na vulgaridade.

    Ofrecerse a un camioneiro no seu camión sen que parezas nin puta nin burda non é tarefa sinxela.

    -Botamos un polbo?

    Non estou disposta a sufrir un rexeitamento nin sequera na miña fantasía, de xeito que quero facelo máis sutil: que se ao tipo non lle interesa meterme o cinguango, pareza que a min tampouco me apetecía tanto.

    -Qué tal se pasamos un anaco xuntos?

    Non. Non quero ser remilgada. “Un anaquiño xuntos” soa a principios de noivado e non quero do camioneiro mais que un tempiño de pracer, sen verbas a poder ser.

    -Xogamos?

    Infantil.

    - Partillamos fluídos?

    Científico.

    - Facemos que teu paxariño pouse no meu niño?

    Relambido.

    Uff!!! Non dou feito! Co raio do camioneiro non dou feito.

Todos os artigos de Susana Moo en Certo, aquí


Compartir

Publicado: jueves 22-ene-09

Agregar Comentario

Agregar Comentario

Su nombre(*):
Comentario(*):
 

Imprima esta página Menea esta nova Chuza esta nova

Páxina anterior: Susana Moo
Páxina seguinte: Susana_Moo_castellano