O_mariñeiro_a_súa_moza_e_mailo_consolador
Este é o conto dos amores dun mariñeiro guapo e a súa moza xeitosa, rapaza que coma tantas viúvas dos vivos quedaba chorando nos penedos do peirao, ollando o barco partir entre as ondas do mar de Vigo.
Cando o mariñeiro voltaba, todo eran festas e alalás. Aloumiños por aquí e biquiños por acolá e de tan arrexuntadiños que andaban non agardaron á bendición do cura para xuntárense coma macho e femia, e os pais dela respiraron tranquilos cando por fin os miraron casadiños.
Co matrimonio non diminuíron os xogos de amor da parella e cando chegou a hora de voltar ao mar, o mariñeiro marchou cun desacougo moi grande no peito. O coitado tiña medo de que, agora que a súa pombiña tiña coñecemento das ledicias da carne, buscara o acougo da bolboreta entre os brazos doutro home.
Entón o mariñeiro, cabiloso e creativo nas saudades do mar, tallou un consolador coa madeira dun buxo e fíxolle un dildo á súa dona do mesmiño tamaño ca o do seu becho. Puliuno ben pulidiño e mesmo lle puxo olliños e unha boquiña a reir e, xunto con outras galdrumadas, regaloullo á volta.
Imaxe de Carlos Bozalongo
Nun principio, a ella non lle fixo moito aquel o aparello, porque tendo o cacho de carne quentiño do marido, aquilo non lle tiña interés. Claro que, cando ao mariñeiro lle tocou marchar de novo e ella ficou soíña, canta compaña non lle faría o chisme!
Susana Moo
www.erotomana.es
Los textos en castellano de Susana Moo,aquí
Os artigos en galego, aquí
Publicado: viernes 26-mar-10
Páxina anterior: Susana_Moo_castellano
Páxina seguinte: Por_libre_2010
Agregar Comentario