Nova_comisaría

Compartir

Actualizado 2 de outubro de 2009


O deputado do Bng Jorquera pregunta cando van comezar as obras.
Lea a nota de prensa íntegra no Posterous de Certo

----------------------------

A nova comisaría de policía de Riveira

xa ten en estudo a licenza de obra e o proxecto


O orzamento de execución superará os 3,5 millóns de euros
 

    Santa Uxía de Riveira, 14 de xullo de 2009.- No día de onte foi presentada no Concello de Riveira, co fin de solicitar a pertinente licenza de obra, o proxecto da nova Comisaría de Policía de Riveira que promove o Ministerio do Interior a través da súa Dirección Xeral da Policía.

    Conta cun orzamento de execución por contrata de 3.511.353,85 euros e unha superficie de 2.115 metros cadrados construídos sobre unha parcela de 2.000 metros. Estas novas dependencias do Corpo Nacional de Policía en Riveira estarán situadas en Fontán, zona próxima á estrada que une o casco urbano de Santa Uxía con Aguiño.

Sótano máis tres plantas sobre rasante

    O edificio constará dun total de catro plantas: planta sótano, planta baixa e dúas plantas altas. Entre outras dependencias, na planta baixa estarán situadas as oficinas de atención ao cidadán, DNI, estranxeiría e Grupo Local de Seguridade Cidadá; mentres que a planta primeira disporá dos correspondentes espazos para a policía científica, arquivo, grupo local de información, sala brifing, administración e xefatura, e o grupo operativo local.

    Na planta segunda situarase a vivenda para o comisario, con tres dormitorios, salón e cociña. Rodeando a vivenda disporase dunha terraza perimetral con vistas á Ría de Arousa. Tamén haberá unha zona de sindicatos e usos múltiples.

    Pola súa parte, a planta sótano contará cunha galería de tiro e armería, así como un garaxe con oito prazas de aparcamento, zona de calabozos e vestiarios. Sobre a cuberta desta planta sótano disporase á súa vez un aparcamento en superficie con outras 12 prazas nunha superficie aproximada de 415 metros cadrados.


Chuza esta nova
Compartir

Chuza esta nova
Publicado: martes 14-jul-09
Imprima esta página Menea esta nova Chuza esta nova

Páxina anterior: Obradoiros_novas_tecnoloxías
Páxina seguinte: Asistentes_persoais