Nas_rebaixas
Ir o sábado pola tarde de rebaixas a un centro comercial co teu home é o peor plan, o peor plan do mundo. É moi deprimente mirar todas esa cariñas de maridos descoloridos, coas súas pálpebras medio pechadas, medio abertas. Todos eses noivos cun aburrimento cósmico debuxado na faciana, como canciños de cego, carrexando bolsas de plástico nas mans.

Nos sábados pola tarde de rebaixas non hai home que me pareza atractivo nun centro comercial contaminado e ruidoso, atestado. Parecera que a todos eles os teletransportaron do sofá da súa casa onde estaban escarranchados mirando o televisor e plantáronnos na cola das caixas. Levan esa mesma expresión pánfila, ausente de calquera tipo de intelixencia.
Se o meu home se convirte nun deses papososos, a miña libido corre o risco de asolagarse toda a fin de semana, de xeito que para animalo prométolle unha mamada de tres minutos en cada probador. Limito o asunto porque paréceme ter moito morro ocupar os vestiarios moito tempo cando as fileiras xa chegan á porta. Non é plan de quedar alí dentro toda a tarde.
-Se antes de que pechen consigo os vaqueiros, un xersei verde e unha chaqueta que poida poñer coa falda vermella, fágoche unha “completa” no derradeiro probador.
Non é que o meu home sexa máis guapo que os outros no centro comercial aos sábados pola tarde, pero leva outra disposición, outro airiño.
Hai que miralo remexer na pila de texanos buscando apaixoadamente a miña talla!
Hai que velo bulido para que non se lle adianten!
Hai que ver a cara de ledicia que leva calculando o ritmo de entradas aos probadores!
A felicidade coa que me deixa pasar diante e o coidadiño que pon en pechar ben as cortinas!
Máis artigos de Susana Moo en Certo, aquí
Publicado: jueves 29-ene-09
Páxina anterior: Susana Moo
Páxina seguinte: Susana_Moo_castellano
Agregar Comentario