Mil_finais_do_mundo

Compartir

    Pouco  despois de que o mundo aterrase co atentado das torres xemelgas escribía a incansable xornalista de El País, Rosa Montero, unha columna a que titulaba Historias del fin del mundo. Durante os escasos 500 carateres describe a xornalista a unha Europa derrotada e mermada pola peste bubónica, chea de cadáveres e infestada dun pesimismo apocalíptico propio de Idade Media escurantista. E mira ti por onde, as palabras soaron en min coma se as confesasen calquera paisano de café dos que ultimamente non paro de atoparme á hora do almorzo.


Caveira tallada na igrexa de San Vicenzo de Cespón (Boiro)

   Nunha parte do texto transcribe Montero a seguinte afirmación “muchos pueblos desaparecieron para siempre, los campos cultivados fueron engullidos por la maleza, los caminos se llenaron de asesinos y bandoleros, hubo hambrunas y caos. Y sobre todo hubo una inmensa tristeza, el duelo descomunal por lo perdido. Agniola di Turna, un cronista de Siena (ciudad en la que falleció la mitad de la población), escribió: ‘Enterré con mis propias manos a cinco hijos en una sola tumba… no hubo campanas. Ni lágrimas. Esto es el fin del mundo.’ El fraile irlandés Jonh Clyn, que vio morir a todos sus hermanos de congregación, narró meticulosamente lo sucedido ‘para que las cosas memorables no se desvanezcan en el recuerdo de los que vendrán tras nosotros,’ y luego dejó un espacio en blanco del pergamino para que algún otros pudiera seguir escribiendo, ‘con el fin de que esta obra se continúe, si por ventura alguien de la estirpe de Adán burla la pestilencia.’ Clyn también cayó abatido por la enfermedad, como anotó una mano anónima en el texto: pero la estirpe de Adán perduró, e incluso llegamos a olvidar el horror indecible de la pandemia. Y volvimos a creernos poderosos y a vivir como si fuéramos eternos.”


Caveira exposta no Museo Nacional de Antropología de México D.F.

   A tamén escritora emprega esta metáfora histórica, paradoxa se se quere, para obrigarnos a reflexionar sobre as vitimas dos diferentes conflitos. Pola contra, a que ten o gusto de escribir estas verbas prefire pór o aceno noutra cuestión. Non podo máis que fixarme na innumerable alusión ao fin do mundo que fan os protagonistas destas historias anónimas. Xa o di o refraneiro popular: o que ten cú ten medo, e o medo de cada quen só o sabe un. Que as nosas crenzas internas son máis poderosas que nós mesmos e que para acadar a sentir a dimensión real dun problema só  se pode se se está na mesma pel. Malia todo, volve sorprenderme a alusión constante á fin do mundo: do noso mundo, ao mellor?


Cada día véxome mellor no espello...

   Non se apenan pola vida que se vai, ou que pode que se vaia (que tamén), se non porque todo o que coñeceron finará con toda esa catástrofe que enriba se lles vén. E mira por onde: pasou a peste bubónica como pasaron outras moitas pandemias que no seu momento foron a fin do mundo, do seu mundo coñecido, e que hoxe ao trasluz dos acontecementos son un leve sorriso da historia.

   Din das novas xeracións, daquelas novatas que pecan de primeirizas, que viven no absoluto, que chegan á contemporaneidade coma se foran a primeira e a última, coma se despois dela andivera a nada. Do mesmo xeito en que os españois precolombinos naceron cunha terra acoutada, vemos o mundo, o noso mundo, coma un pedazo de terra debuxado nun papel, pequeno e seguro. Con esta dimensión temporal pensar na propia fin do mundo non é nada difícil.


Cachucha do entroido boirense. Imaxe de Diego Romero

   Pasou a peste bubónica, pasaron as guerras,e chegou o capitalismo, e o amor libre, e incluso o divorcio e nada, nada! acadou a rematar con este mundo que, se non o mesmo, non tan distinto ao daquel outro no que a peste bubónica levou por diante á metade de Europa. Claro que non duraremos para sempre! Pero nin como individuos nin coma especie. Claro que todo o que coñecemos chegará ao seu fin! Claro que a terra estoupará algún día! De todos é sabido que a todo porco lle chega o seu San Martiño e alimentar o contrario é vivir de ilusións. Pero pola mesma non é menos certo que aínda non coñecen os vellos tormenta de choiva que nunca escampara por moi forte que tronara. Os fin do mundo son infinitos: non hai máis que mirar o devir da historia. Poida que o de hoxe sexa só un pequeno chuvasco entre tanta tempada de sol toscanés.


Tamara Peña escribiu máis artigos en "Venres caníbal", aquí


Chuza esta nova
Compartir

Chuza esta nova
Publicado: viernes 07-ene-11
Imprima esta página Menea esta nova Chuza esta nova

Páxina anterior: Venres_caníbal
Páxina seguinte: Manuel_Venator