Leonardo_da_Jandra
Leonardo da Jandra, un mexicano-pobrense pioneiro
----------------------------
En Barbantia hai unha breve biografía deste escritor e filósofo mexicano nado en Chiapas en 1951 e con infancia en A Pobra do Caramiñal:
"O seu nome real é Francisco Sanisidro e vive e está integrado en México, onde é moi coñecido como narrador e ensaísta, e onde recibiu o Premio Nacional de Literatura en 1997.

Imaxe do blog de Da Jandra. El é o da esquerda, á dereita, Fadanelli
As súas obras narrativas en castelán son Entrecruzamientos (México, Joaquín Mortiz, 1986-1990), triloxía que coñeceu unha reedición do primeiro volume en 1998, e do terceiro volume en 1998; Huatulqueños (México, Joaquín Mortiz, 1991) e Samahua. Aínda cómpre citar o seu relato Los caprichos de la piel, editada por Seix Barral mexicana.
A súa obra narrativa Arousíada (México, Joaquín Mortiz, 1995) apareceu en edición bilingüe, as páxinas pares en galego e as impares na versión castelá. A obra pretende facer unha épica trascendente da nosa ría, con personaxes como Don Martín Rodríguez de Xunqueiras.
Como mostra do seu galego, tan vivo e enraizado na súa vila natal, seleccionamos este breve fragmento de Arousíada:
“Na escola do Xués había unha mestra que se chamaba Manola, e había un rapás que lle desían Pepiño Fuchi, que lle tiña moito medo ós bichos. ¡Arre carallo!, traíamoslle unha miñoca e asustábase. E un día díxenlle ó que estaba o meu lado: <Ímolo amolar>. Estaba a profesora Manola tomándolle a lesión e fun eu e metín os dedos nun enchufe e pasínlle a man ó outro, e o outro pasoulla a Pepiño Fuchi que empesou a jritar e temblar hasta que se botou sobre a mestra que, flaca como estaba que paresía un toutiso, por pouco morre ca descarja. E claro, a profesora Manola mandou chamar ó meu pai e díxolle que xa non me quería na escola. Meu pai quíxome meter cura, pero eu non quería.”
Co pseudónimo “S.C. Chuco” publicou o volume ensaístico Totalidad, seudototalidad y parte (México, Joaquín Mortiz, 1990).
En 1999 publicouse a súa conferencia España y México: identidad en conflicto, en Madrid pola Casa de América. Debe citarse tamén o seu ensaio Presentáneos, pretéritos y pósteros (México, Joaquín Mortiz)".
A súa integración en México (aínda que nos vídeos que lles propoñemos nótase aínda un acento con lenes influenzas da Arousa) é tanta que no artigo que fixeron na Wikipedia obvian a súa estancia en España (vexan). Aínda que é algo ao que el induce, pois renega de seu pai (nun destes vídeos di que foi o home máis violento que coñeceu, un "franquista de mierda").
Na súa infancia seus pais trouxérono a Pobra, onde medrou entre tres referencias que marcaron o seu destino: mar, culto á morte (procesión do Nazareno) e Valle Inclán, que tamén estivo e trunfou en México como escritor e xornalista. Estudou en Santiago de Compostela e Madrid, onde se interesou sobre todo pola filosofía alemá -nestes vídeos alude profusamente aos seus coñecementos sobre iso-. Voltou a México na década dos 70 do século pasado e fixo un doutorado na Universidade Nacinal Autónoma de México sobre Filosofía da Matemática. Explicado de modo simple, a súa ideoloxía promove a "utopía mínima" -a parella-, algo que está a vivir coa súa parella, a pintora e tamén ecoloxista Agar García.
Publicamos un breve extracto do seu blog no que se pronuncia sobre a relación dos españois con México, do ano 1999. (Da Jandra aínda estivo en Galicia dando unha charla en 2007 e vén cada pouco).
"Presentación en la Casa de América del librito que me encargaron sobre la conflictiva identidad entre España y México. A excepción de Alex de la Iglesia y su grupo, la mayoría de los asistentes era de la tercera edad: un público que ya no puede asistir ni a los bares ni a los estadios.
Mi tesis sobre el desplazamiento del centro de la Hispanidad de España hacia México no causó mayor sorpresa. Aquí en Madrid es ya un consenso la inevitable debilitación del Estado español frente al empuje desmesurado de las autonomías.
Mientras los ancianos se enfurecen contra los partidarios de la europeización a ultranza, los jóvenes mariposean por la Gran Vía en busca de nada. En El Corte Inglés los CDs de Luis Miguel se venden por miles, pero sobre México en realidad casi nadie en España puede expresar más que trivialidades turisteras.
Definitivamente el camino de los españoles hacia Hispanoamérica es directamente proporcional a la ignorancia en que se regodean".
Esta é unha simple introdución: intentaremos entrevistar a Da Jandra e amosárllelo nun futuro non moi lonxano.
Poden lelo no blog que mantivo ata o ano pasado: