La_Roja
Todos contemplamos estes últimos días a furia, o falso sentimento, a ilusión de milleiros de persoas que tremían cando once xogadores escollidos rigurosamente, saltaban ó céspede para disputar un partido. Finalmente, os xogadores da selección española gañaron o mundial de fútbol. Un feito histórico nunca visto no Estado. Algo que provocou moitas cousas entre a xente que aquí vivimos, pero que sempre que hai cousas que moven a tanta xente, sempre hai discrepancias. Discrepancias coma as que vou pintar hoxe nesta folla en branco.

O lema era: “Yo soy español, español, español”. Aí quedei sentado mentras un grupo de xente que coñezo, coa que falo e mesmo me vou tomar unhas copas cando é mandado. E a miña pregunta foi: Sodes realmente españois? A súa resposta foi inmediata e evidente, colléndome e levantándome para seguir o seu lema ante a miña total negativa dos feitos.
Cómo pode haber xente que diga iso, namentres que fala un idioma distinto do español, que ten unha cultura distante da española, e que o único español que pasa polos nosos miolos é un goberno enclenque e inútil que nos tratan (ou trataron) coma analfabetos?
Si, esa xente é galego-falante, esa xente toca música galega ó frente da gaita, esa xente non vai ós touros, esa xente ó domingo come o cocido galego (non a paella), en fin, e milleiros de cousas que nos separan dos españois, pero que nun momento coma este todos trocaron a chaqueta.

Paréceme ben, e ata lóxico que unha persoa se alegre porque unha selección de xente nova, de xente con aspiracións, con humildade, con respeto gañe un mundial. Mesmo eu estaba ledo polo acontecido, pero daí a dicir semellante burrada, non entra no meu esquema de xogo.
Logo tamén hai o espabilado de turno que salta coa de: Que pon no teu DNI? Pero, realmente: que é o DNI? Trátase dun documento que naceu durante o franquismo no ano 1944 para ter controlada á cidadanía. Dende o meu ver é un cacho de plástico de carácter meramente administrativo que che identifica cun código no Estado español. Máis nada. Había que saber tamén que non en tódolos estados existe este documento e dicir tamén que a xente está identificada. Non por ter un DNI eres máis ca alguén que non o ten. Ou sexa que antes de 1944 ninguén era español e había galegos, vascos, cataláns, mallorquíns, etc.? A identidade española xurde a raíz dun documento?

Non fai moito estiven fóra de Galiza e moita xente me identificaba sen mostrar o meu DNI. Tan só pola miña fala, polo meu acento xa sabían que eu era galego. Non facía falla mostrar nada. Ahora ben, si queres constar de identificado ante un papel, fai falla un código, un número, uns caracteres únicos (supostamente) que digan quen somos. Isto faise dado que o papel non oe, non palpa, non ve.
Pero iso de: “yo soy español porque lo pone en mi DNI”... é coma dicir que eu son da Coruña por ter o carnet do Deportivo, ou de Vigo por ter o carnet do Celta. En fin, auguramos que estes comentarios queden no seo dunha celebración e non no seo dun debate no que participa xente intelixente e mentalmente aberta.
Despois hai xente que non entende que eu sexa galego, que din que eu teño que ser español. Pero, realemente existe unha lei, dictadura, masacre ou tortura que obrigue a alguén a ser algo que non quer ser? Cada persoa é o que quer ser, o que se sinte. Máis nada. Nunca podes obrigar a unha persoa a ser homosexual ou heterosexual ou bisexual. Pois iso é algo co que naces, que o levas dentro, e como lle pasa a moita xente en Galiza, aínda teñen que saír do roupeiro.

Pasemos a falar agora dun tema que quixera tamén plasmar nestas derradeira gotas de tinte que me quedan aínda por mollar. O tema Vicente del Bosque: un home criticado o día 16 de xuño tralo partido ante a selección de Suiza. Moito deu que falar o seu sistema con dous pivotes, o xogo pouco agresivo da selección. Mesmo saíu un tal Luís Aragonés criticando e ladrando o xogo do adestrador da actual campiona do mundo. Un Aragonés que gañou unha Eurocopa e críase o amo do mundo, un prepotente falando diante dun home que a parte de gañar o mundial de fútbol co seu xogo criticado, gañou dúas Ligas de Campións co Real Madrid, entre outras cousas. So hai que ver o palmarés dun e mais doutro.
Agora que todo son celebracións non vimos a Luís dicindo nada, nin loubando o xogo de Vicente. Vimos a un home coas orellas agochadas debaixo da almofada. Vimos a un home xa case esquecido e cuberto pola valentía dun Del Bosque que aló a onde foi, rachou coa pana.
![]()
Vicente del Bosque na Wikipedia
Unha mágoa que saíse do club merengue pola porta de atrás despois de darlle sete títulos a un club. Sospeitamos que non tiña o suficiente glamour ou non tiña un peinado coma o de Luis Figo. Pero o que si temos claro é que como adestrador non hai moitos coma el, e que como persoa humilde non ten prezo. Por todo isto, grazas Vicente.
Todos contentos nestes días, esquencémola crise, vivimos nos bares, fomos de parranda e fixemos de todo. Mesmo faltar ó traballo, que como sobra, está ben collela tarde libre para “ir ó médico”. Pero pouca se dou conta dunha cousa. A cada un dos 23 xogadores da selección española, por gañar dito mundial danlle nada máis e nada menos ca 600.000 €, uns cen quilos das de antes. Isto en plena crise. E eu digo, de onde van saír todos eses cartos? Está ben darlle cartos a un multimillonario? Pensan que estes homes se van facer ricos á conta desta prima? Estes homes xa están podres de cartos e de todo!
Pero bueno, con todo o que trouxo a encarnada, podemos dicir que galegos, españois, vascos, cataláns, etc. estamos penso que contentos porque esta xente gañe algo que nun futuro podemos gañar coa selección galega, agora enterrada polo goberno do señor Feijoo.
E sen máis, felicito aos novos campións do mundo para que repartan o seu botín entre os que máis falta lle fai.
Máis artigos en Certo de JJ Fernández Suárez, aquí
Publicado: viernes 23-jul-10
Páxina anterior: JJ_Fernández_Suárez
Páxina seguinte: Padre_Teixugo
Agregar Comentario