Imaxe_de_marca_do_Barbanza

Compartir

    As pegadas do paso cansino do tempo lévanos a facer memoria do que aconteceu no primeiro ano de gobernanza da vixente lexislatura nos municipios. Pois ben: as conclusións ás que un chega non son en extremo moi alentadoras. Máis ben debería dicir que son pesimistas.

     Nun primeiro momento (á vista dos resultados electorais) pensei que poderíamos encetar un período de gobernanza local de notorio interese e ata optimismo para impulsar o desenvolvemento endóxeno municipal e ir correxindo moitas perversións tradicionais da gobernanza: localismos recalcitrantes, despilfarro no gasto, falta de saber facer, escasa capacidade técnica na dirección e xestión de equipas, e un longo etc. Se me ateño aos resultados acadados non podo manifestar outra cousa que sinalar que me atopo desconcertado. Cando unha administración local acada unha contratada fortaleza na súa estabilidade gubernativa un podía pensar que as políticas a diseñar e implementar podería dar resultados con maior nitidez, intensidade, etc. En poucas verbas: lograríase que a toma de decisións chegase a ser percibida pola sociedade e os seus axentes sociais dun xeito máis directo e áxil. Pois tampouco foi así.


     Seguimos ancorados nun modelo de xestión propio do XIX e comenzos do XX. Atopámonos no S. XXI, o período das TIC, a economía do coñecemento e do talento, pero parece que isto aínda non chegou á gobernanza. Así, a impronta de desenvolvemento territorial que podería gañar o Barbanza queda moi difusa. Nótese que nesta bisbarra temos acadado un forte impronta de imaxe de marca. Aquí a nosa Galicia ten varios dos principais tesouros que quere valorizar baixo a marca Galicia. O problema é que non sabemos facer as cousas e non chegan as mensaxes aos mercados. Expliquemos isto.

     No Barbanza está o Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Este espazo natural está a ser, con moito, o espazo natural protexido con máis número de visitatnes (600.000). Se lle engadimos os visitantes que van a cotío aos seus areais esta cifra chega a un valor por encima do 1.000.000 habitantes. Por tanto, a demanda haina, responde e fidelizase. Así, un pregúntase cál é ou está a ser a política de dinamización turística que se quere para esta bisbarra. O resultado é o silenzo administrativo máis triste. Outro caso: no Barbanza está o Faro de Corrubedo, un dos principais reclamos de receptividade turística con enormes fortalezas para desenvolver unha política turística de fonda impronta e marca. Cál está a ser a política turística? Non teño dados.


     Escoitei falar de facerlle unha carretera mellor de acceso ao faro. Eu, modestamente, entendo que iso non é o que necesita este producto. Non só. Fan falla políticas activas de acompañamento, planificación estratéxica, etc. Dende a Xunta seguen a dicir que o principal producto turístico de Galicia é Santiago e despois as Rías Baixas coa bisbarra de Vigo á cabeza. Craso erro. O Barbanza ben pode ser un verdadeiro buque insignia de marca de excelencia turística. Fai falla gobernanza ben formada e unha equipa que trate de poñer en valor este tipo de recursos, xa que en caso contrario as nosas potencialidades revirten en favor de destinos competidores. Sigo sen entender os trazos maestros das élites locais con competencias nesta materia. O resultado está a ser que non se maximizan en termos de economía as oportunidades da nosa terra.


     Se agora pensamos que no Barbanza temos a un dos principais centros históricos de Galicia (Noia), advertimos como temos un atractivo producto subexplotado, escasamente dinamizado. Aquí deberíase valorizar o turismo urbano e cultural. Nesto, aínda que me doia, tamén os técnicos temos moi boa parte de culpa. Non sabemos formular una política integral de bisbarra sobre os nosos recursos colectivos. Caemos no pecado do localismo parroquiano e deixámonos vencer pola miopía do ego. A economía do coñecemento non só está para ocupar un despacho diariamente nun staf municipal e non xenerar valorización económica. Eses tempos quedan no pretérito. Agora o modelo máis atinado é o dunha equipa ou gabinete que debe diagnosticar as potencialidades endóxenas e implementar actuacións estratéxicas para contribuir a xenerar oportunidades aos sectores económicos implicados: cluster turístico, ocio-recreativo, industria portuaria, etc.


     A marca Barbanza tamén se pode nutrir dunha amplificación da súa imaxe grazas a que en Sta. Uxía fica unha illa -Sálvora- incluida no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Son coñecedor de que aquí sí se está a facer unha planificación. Queda moito por dicir si a dinamización e a política informativa e publicitaria é a máis atinda e expansiva. Nisto, a día de hoxe, non son optimista. Os deberes hai que facelos ao longo da lexislatura, non só a gobernanza local senón tamén a equpia de técnicos. Estou canso de que cando vou a un certamen dun congreso se critique como debilidades da miña terra (O Barbanza e en especial Sta. Uxía) a febleza do know how local, a escasa capacidade de liderazgo da gobernanza para impoñer unha imaxe turística de excelencia á súa marca.

     Non estamos sós. Temos que pensar en termos de estratexia globalizadora.

Xosé Antón Díaz Fernández

O home que miraba ao mar

No artigo anterior


Eu acuso


Chuza esta nova
Compartir

Chuza esta nova
Publicado: sábado 30-jun-12
Imprima esta página Menea esta nova Chuza esta nova

Páxina anterior: El_hombre_que_miraba_al_mar
Páxina seguinte: Contos_da_Tasca_do_Cuco