Homilía_III_2012
E con eles chegou a peste... arrepentídevos, pecadores!!!
Queridos fregueses:
Estaba eu nas miñas obrigas pastorais, cando recibo o seguinte comunicado da Sociedade Galega de Historia Natural (http://www.sghn.org):
“Fumigación masiva contra a praga de Gonipterus nos eucaliptos empregando FLUFENOXURÓN: un insecticida tóxico non aprobado pola CE”.
Noutras verbas, poden queimarse as carballeiras nas Fragas do Eume... porque xa din que non hai perigo de escorreita da cinza ate as nosas rías (tivemos a sorte de que non choveu dabondo), polo tanto o noso marisco a salvo, do mesmo xeito que os votantes do sector pesqueiro; louvanzas a rexeneración natural... porque como se queimou menos do esperado, pronto van medrar as ESPECIES CENTENARIAS que arderon; e ademais agora temos un novo tipo de turismo, o “chamado turismo de catástrofe”, que visita a zona para darse conta de que o camiño de pedra que dá entrada á zona de visitantes e ao mosteiro, non foi afectado.... PREGUNTÁDELLE A AQUELES QUE FORAN ANTES DA QUEIMA!!!!
Quérennos facer parvos, pero nós non o somos: nin imbéciles, nin escuros... o que si está claro dabondo é que eles non nos entenden, non!!!!

Pero imos volver ao escrito da S.G.H.N., para logo comentarvos que tipo de fariseos pecadores, queren aproveitarse das desfeitas contra a natureza da nosa nai Galicia. O escrito, xa presentado á Consellería de Medio Rural, continúa deste xeito:
1. O uso do Flufenoxuron, non está autorizada na Unión Europea (Regulamento de execución nº942/2011; decisión 2008/934/CE).
2. Ao non exisitir nin insecticidas nin biocidas específicos contra o escarabello do eucalipto (curiosamente especie invasora traída de Australia cos eucaliptos dos que se alimenta), isto vai afectar a tódolos insectos galegos.

3. Para ser efectiva a loita contra esta praga utilizando este contaminante químico, sería preciso utilizar grandes cantidades: AFECTANDO A INSECTOS BENEFICIOSOS COMO AS ABELLAS, ADEMAIS DE ACUMULARSE A TRAVÉS DA CADEA ALIMENTARIA... ata chegar a nós, os humanos.
4. Por outra banda, estamos en plena etapa de cría das especies de paxaros insectívoros, moitos deles parte do patrimonio natural galego e en grave perigo de extinción: saltándose a lexislación comunitaria do catálogo de especies ameazadas.
"Quéimase un dos últimos lugares con monte atlántico e centenario galego... e non pasa nada. Pero retorna o escarabello do eucalipto, e obrigan a protexer os eucaliptais das multinacionais papeleiras, “sulfatando” para protexer aos poderosos capitalistas, non vaia ser que perdan ingresos!"
Agora ben, seguide o meu razoamento, queridos fregueses: quéimase un dos últimos lugares con monte atlántico e centenario galego... e non pasa nada. Pero retorna o escarabello do eucalipto, e obrigan a protexer os eucaliptais das multinacionais papeleiras, “sulfatando” para protexer aos poderosos capitalistas, non vaia ser que perdan ingresos.
E que acontece co labrego que perdeu a súa carballeira? E cando queira prantar de novo, vai atopar terra preta de calidade para os carballos ou sobreiras ou terra queimada óptima para o eucalipto?
Claro que entón convocarán un novo plan eólico para “minimizar a dependencia enerxética das Fragas do Eume”!!!
Está claro que a ninguén lle importan aqueles esquecidos aos que se lle morreron as abellas, o que quedou sen herba pola seca ou a queima... son danos colaterais? Eu adiviño tras destas desfeitas unha man escura que só quer gañar cartos (este perigoso insecticida clorado vén da China)... a conta nosa e dos nosos fillos (perdón, dos vosos, que eu non teño).
Imaxinade, queridos fregueses, que lle vou contar á miña afillada para o seu traballo de bioloxía relativo ás extincións planificadas e maila perda de diversidade... quérennos extinguir, pero non nos imos deixar!!!
Deus vos garde aos verdadeiros anxos... e leña e fogo infernal (sen danos colaterais) cun bo hisopazo aos aproveitados en contra do noso patrimonio milenario!!!!
NOTA: o arcebispo díxome que o Padre Feijóo, que está no ceo pola súa labor pastoral, está pensando en baixar en espírito para darlle un bo hisopazo ao seu descendente ourensán, que se está deixando revirar en contra do patrimonio natural galego... je, je, je, vas ter soños ben amolados!!!!
Antes, en Certo:
.- II Homilía de 2012: dos entes, fundacións e outras historias para roubar, confundindo xustos con pecadores
Páxina anterior: Padre_Teixugo
Páxina seguinte: Marcos_X_Agrelo_Yáñez