Forraje
Unha entrevista de Tamara Peña
Grupo de rock duro da Pobra do Caramiñal
"Podemos tardar tres anos en sacar un disco, pero sempre intentamos que cada disco supere ó anterior, en música e en letras"
"Ten apoio a música que queren vendernos: o rock, por exemplo, non"
"Preferimos non falar de política: está a cousa moi fea"

Kuervo e Jerry en plena actuación
En pleno declive da industria discográfica tal e como a coñecemos no século pasado, segue habendo -e máis ca nunca- música, e moi boa. De todos os xéneros, para todos os públicos, e feita dende calquera lugar. Só se precisa paixón, gañas, tesón e paciencia para asomar no panorama -sempre cambiante- musical. Dende Pobra do Caramiñal, e cunha calidade contrastada, veñen Forraje, que nos falan de rock duro, a súa escolla, un xénero ao que apenas lle dan cabida os medios audiovisuais. Moita Tdt, moita competencia, pero todos botan o mesmo: o que nos queren vender, como explica perfectamente Lulu (non Lulú), integrante de Forraje que respostou a estas preguntas.
.- Levades uns 12 anos como grupo: en que proxecto estades agora?
.-Pois agora mesmo estamos empezando a compoñer cancións para o que será o noso cuarto disco. Esperamos telo listo antes de que remate o ano.
.- Cantos o compoñedes na actualidade? Variou a banda dende os comezos?
.- Somos catro. Hai unhas semanas, Juancho, o noso baixista dende o comenzo desta historia deixou a banda e no seu lugar entrou Fernando. Os demais podemos dicir que levamos nisto dende o principio.
.- Lembrádesvos de por que lle puxestes Forraje ao grupo? Foi un Arrebato? Que pasou con Redada?
.- Vexo que estás ben informada. Nun principio fixémonos chamar "Arrebato", pero cando quixemos empezar a tomarnos o grupo un pouco máis en serio, empezamos a buscar a forma de rexistrar o nome e encontrámonos con que "Arrebato" xa existía. A seguinte opción foi "Redada", xa que neses tempos se levaban moito polos bares cañeros da zona e nós estabamos en case todas, pero resultou que tamén existía. Isto coincidiu co cruzamento de Kutxi Romero, de Marea nas nosas vidas, que nos propuxo "Forraje" como nome para a banda e nos encantou.
.- Queixádesvos de que marxinan ao rock nos medios de comunicación, en especial na televisión. Tedes algunha explicación para iso?
.- Pois non. Se miras ao estranxeiro verás que na MTV soan montóns de grupos que fan algo moito máis duro que por exemplo o noso, pero aquí o máis cañero que soa nas radio fórmulas é Fito, que está de puta madre, pero non é rock duro. Recordo unha época en que os singles de Barricada e Los Suaves soaban nos 40, agora é algo impensable.
Temos cancións de sobra na recámara, da nosa época maquetera, para sacar un disco ao ano durante cinco anos, non obstante dende o 2003 ata hoxe sacamos tres. Sabes cómo se chama iso? Respecto e compromiso para co rocanrol.

Lulu e Fernando en concerto
.- Que aprendestes en todos estes anos de carreira na música e que quedou polo camiño?
.- Aprendemos a facer as cousas sen présas. A non sacar un disco porque toca se as cancións non son o suficientemente boas. Calquera pode sacar un disco mediocre ó ano, con textos pouco traballados. Nós podemos tardar tres anos en sacar un disco, pero sempre intentamos que cada disco supere ó anterior, en música e en letras. Temos cancións de sobra na recámara, da nosa época maquetera, para sacar un disco ao ano durante cinco anos, non obstante dende o 2003 ata hoxe sacamos tres. Sabes cómo se chama iso? Respecto e compromiso para co rocanrol.
.- Cando vos poderemos escoitar por Barbanza ou Noia outra vez? Hai previsto algún concerto proximamente?
.- De momento non imos facer nada pola nosa conta. Se sae algún festival que creamos que paga a pena ir, iremos, pero non imos facer salas de momento. Imos centrarnos en compoñer o novo disco, e se queremos que saia antes de que remate o ano necesitamos dedicarlle a maioría dos fins de semana. Se sae algún bolo interesante, farémolo, pero non imos buscar nada ata ter o novo disco listo. Entonces si que faremos presentacións por salas de todo o Estado.
.- Vivides da música xa ou iso aínda é un soño por cumprir?
.- Poderiamos malvivir dela, pero todos traballamos noutras cousas de momento, de todos os xeitos sabemos que é cuestión de tempo e non dun pelotazo.
.- Política: qué coño facemos con tanta goteira?
.- Preferimos non falar de política. Está a cousa moi fea.
.- Credes que ten suficiente apoio a música por parte da sociedade? e por parte dos políticos?
.- Ten apoio a música que queren vendernos: o rock, por exemplo, non. A xente que segue este tipo de música porque lle gusta, si que a apoia, busca e encóntra, e é moito máis entregada seguro que outro tipo de público, pero a sociedade en xeral só consume o que lle dan mastigado, o que lle poñen sete veces ao día na tele e outras doce na radio. É triste pero para a maioría da sociedade, se non saes nas radios, non existes, aínda que esteas a vender miles de discos. Por parte dos políticos, habería que diferenciar. Por exemplo, en Galicia, cando estaba aí o BNG fixéronse un montón de locais de ensaio, había programas na TVG con videoclips e actuacións de grupos galegos de todos os estilos, estábase a dar moito apoio ás bandas galegas. Entrou o PP e cortouse todo iso... pero a poder ser prefiro non falar de política, quéntaseme a boca moi rápido...
.- Sodes fans ou admiradores declarados de algún grupo ou solista?
.- Cada un ten os seus gustos. A min por exemplo gústame dende Bebe ata Eskorbuto, ao Kuervo vaille o Indi, Jerry é moi aberto tamén, Fernando é máis punki, despóis hay grupos que nos molan a todos, como Extremoduro, Barricada... e creo que por aí van as nosas influencias máis notables.
.- Que nos recomendaríades para escoitar, dentro do último que vos encantou ultimamente?
.- Últimamente non escoito moita música, pero bueno, o último de Poncho K por ejemplo está cojonudo, ou o último de Malsujeto ou dos nosos veciños Desalojo.
.- Internet, Sgae, dereitos de autor, Lei Sinde: como vos posicionades?
.- Internet, a favor - Ley Sinde en contra. Dereitos de autor, a favor - Sgae, en contra. Creo que resume moi ben o que opinamos, non?
.- Falando de Internet: que vos pasou co dominio forraje.com?
.- Pois algún gilipollas que se aburría e nola hackeou, co cal a xente que entraba e non tiña un bo antivirus infectábase. Puxemos un blog "temporal" pero ao final collémoslle o gustillo ao formato e aí quedou.
.- Seguro que tedes unha importante mensaxe que enviar ao mundo e non fun quen de preguntárvola. Cal é?
.- Non vos traguedes todo o que sae dos medios de comunicación, amigos, e se tedes un momentiño botádelle un ollo a www.forraje.com