Feira_Medieval_2009
Programa completo do Mercado Medieval Noia 2009

(Nota do Concello íntegra)
Noia, xullo de 2009. Propoñemos coa animación deste Mercado Medieval, unha viaxe fantástica, especial, unha viaxe ao pasado, onde diferentes personaxes e modos de vida, moitos xa perdidos no transcurso dos tempos, volven aparecer ante os nosos ollos reivindicando unha cultura e estilo de vida xa case esquecida.
No mundo Medieval cabe o humor e a farsa de histrións, así como mitos, romances e lendas, as aventuras de dragóns e seres fantásticos, a presenza de representantes da corte, xuglares, cómicos, e personaxes tan típicos como un cabaleiro e o seu escudeiro, ou miserables pícaros de medio pelo.
Todo iso para intentar que os asistentes ao mercado gocen dunha visita inesquecible, onde a festa, a diversión e a cultura popular campen ás súas anchas.

Venres 17 de Xullo
MAÑÁ
11:30 Chegada do barco Nuevo Sofía cos peregrinos e as mercadorías para o gremio dos ferreiros ao Peirao do Marqués.
12:00 Acompañamento dos peregrinos e do gremio hasta o centro do mercado.
12:30 Pregón de inauguración. Non hai festa sen inauguración. E sen pregón. Por iso, os comediantes participantes nas xornadas de animación do mercado medieval dan a benvida aos asistentes por boca da súa máis vella e estrambótica representante, Dona Forúncula de Aquitania acompañada de Tuttis Catraputtis. Así quedará inaugurado o mercado e poderá dar comezo a festa.
Tragaleguas
12:15-12:45 O Carro dos Cómicos. A compañía Tragaleguas, a través do seu máximo representante no mundo enteiro, Doña Forúncula de Aquitania, chega o mercado coa súa hilarante e singular compañía de cómicos nun carro provocando enredos e situacións xocosas, dispostos a sorprendernos co seu amplo repertorio de comedias, cancións e danzas, grandes dramas e paixóns, comedias de enredo, lendas recollidas do saber popular, e un feixe de accións para rir e amenizar os primeiros minutos de vida do mercado. Esta divertida familia fará partícipe ao público dos seus celos, envexas, amores e mofas. Acompañados de Tuttis Catraputtis.
12:45-13:30 Desfile musical a cargo de Rumbía Músicos
13:30-14:00 A hora da comedia. Os xoglares medievais, comediantes doutra época, invítannos a unha viaxe a través del tempo, conducíndonos a lugares misteriosos, envolvéndonos na atmosfera das súas divertidas comedias.
13:45-14:15 Desfile musical a cargo de Tuttis Catraputtis
TARDE
18:00-18:45 Desfile da corte. A corte nas rúas do mercado. O Rei, a Raíña, no seu paseo saudarán ao pobo dende a altura que lles outorgan non só a súa realeza senón tamén os seus zancos. Desfile plástico, visual, cunha espectacular caracterización de toda a comitiva real en zancos. Acompañados de Rumbía Músicos.
Tuttis Catraputtis
18:45- 19:30 Desfile musical a cargo de Tuttis Catraputtis.
19:00-20:00 A Picaresca (Romancero popular). Na súa chegada ao mercado, os personaxes provocarán as situacións máis divertidas xamais imaxinadas, transportándonos á época na que a picaresca era un modo de vida. Compartirán con todos os presentes unha viaxe a través do tempo, a través dun retablo de divertidos romances, misteriosas lendas e hilarantes farsas.
19:30-20:30 Desfile musical a cargo de Rumbía Músicos
21:15-22:00 Desfile musical a cargo de Tuttis Catraputtis.
NOITE
23:00 O Carro dos Desheredados. Espectáculo teatral itinerante. Unha alcahueta, un cego visionario, un bufón aloucado, unha muller de mala vida e unha bastarda están axexados pola morte. No súa dura peregrinación farannos partícipes das súas desventuras, transmitirannos as súas cantigas funestas, a súa vida triste e marxinada da sociedade, son a peste da que todo o mundo foxe.

Sábado 18 de xullo
MAÑÁ
12:00-12:45 Desfile do Sono dunha Noite de Verán. Os seres máis incribles xamais imaxinados chegan dende o máis profundo do bosque, para sorprender aos máis pequenos e aos non tan pequenos. Fadas, elfos, trolls, magos, magas e demais seres máxicos, cantan e bailan provocando a risa e a diversión alá por onde pasa. Acompañados de Tuttis Catraputtis
12:45-13:30 Desfile musical a cargo de Rumbía Músicos

12:45-13:30 Exhibición de cetrería a cargo de Falcóns Galicia
13:10 Desembarco de Peregrinos e cargamento para o gremio dos Ferreiros no Peirao do Marqués
13:25 Acompañamento dos peregrinos e do gremio hasta o centro do mercado
13:30 Narrador de Historias infantís. Tres personaxes vidos dos bosques representarán a incrible historia da fada das emocións, para divertir a pequenos e non tan pequenos coas súas fantásticas historias.
14:15 Desfile musical a cargo de Tuttis Catraputtis
TARDE
18:00-18:45 Desfile da corte. A corte nas rúas do mercado. O Rei, a Raíña, no seu paseo saudarán ao pobo dende a altura que lles outorgan non só a súa realeza senón tamén os seus zancos. Desfile plástico, visual, cunha espectacular caracterización de toda a comitiva real en zancos. Acompañados de Rumbía Músicos.
18:45-19:45 Desfile musical a cargo de Tuttis Catraputtis
19:00-19:45 Exhibición de cetrería a cargo de Falcóns Galicia
19:15- 20:00 A voda da Raíña Gualteria. A raíña Gualteria e a súa cortesá saen ataviadas coas súas mellores galas en busca dun belo doncel co que buscar desposorio. O belo Amadís e o seu fiel escudeiro Gascón chegaron ao mercado na busca de fortuna, o encontro destes catro personaxes dará lugar a situacións xocosas e hilarantes no duelo por amor máis grande xamais visto.
21:00-22:15 Gran desfile a cargo de Carros de Foc. Sorprenderannos coa súa máxica “Mangrana” e o seu impoñente “Federico”
NOCHE
22:00-23:00 Desfile musical a cargo de Rumbía Músicos
23:15 A nave dos tolos. No horizonte aparece unha balsa que leva séculos á deriva con cinco personaxes que emprenderon unha viaxe todo o máis profunda das súas almas e chegan o mercado en delirante procesión.. Cos seus estandartes e capirotes, cos seus antorchas e as súas brancas vestimentas realizarán delirantes accións na súa iluminada e misteriosa procesión.

Domingo 19 de xullo
MAÑÁ
12:00-12:45 Bojiganga de Cómicos. A hilarante e singular compañía de cómicos de Dona Forúncula de Aquitania sorprenderanos cos seus enredos, cancións e danzas. Unha posta en escena itinerante onde continuamente represéntanse accións teatrais cheas de humor. Acompañados de Rumbía Músicos..
12:30-13:15 Desfile musical a cargo de Tuttis Catraputtis
12:45-13:30 Exhibición de cetrería a cargo de Falcóns Galicia
13:15-14:00 Pasos e entremeses. A ilustre compañía de cómicos de Aquitania Preséntannos aos personaxes máis significativos e divertidos dos seus entremeses, para facernos rir e gozar coas súas famosas comedias.
13:30-14:15 Desfile musical a cargo de Rumbía Músicos
14:00 Desembarco de Peregrinos e cargamento para o gremio dos Ferreiros no Peirao do marqués
14:15 Acompañamento dos peregrinos e do gremio hasta o centro do mercado
TARDE
18:00-18:45 Desfile da Corte. A corte medieval dáse un baño de multitudes polas rúas do mercado. O rei, e a raíña, acompañados do seu fiel e divertido bufón, saudarán ao pobo. Os soberanos visten as súas mellores galas para mesturarse e interactuar cos asistentes ao mercado. Acompañados de Rumbía Músicos.

18:45-19:30 Desfile musical a cargo de Tuttis Catraputtis
19:00 Cánticos Medievais a cargo do IES Virxe do Mar de Noia
19:30 Danzas Medievais a cargo do IES Virxe do Mar de Noia
19:45-20:15 Exhibición de cetrería a cargo de Falcóns Galicia
20:15- 21:00 Mester de Juglaría. Como o seu propio nome indica, os xuglares medievais , comediantes doutra época eran auténticos mestres no seu oficio, o de actuar e entreter ao público.
21:00-22:00 Torneo Medieval a Cargo de Legend Especialistas (no paseo Marítimo o lado do peirao)
NOITE
23:00 O mito da Creación. Do caos inicial vai xurdindo aos poucos a materia, da cal xorde pouco despois o ser humano, que terá que facer fronte aos seus propios creadores para liberarse do seu xugo. Esta loita encarnizada entre homes e deuses acabará colocando a cada un no seu lugar correspondente. Pasacalles de lume, zancudos, música, baile e pirotecnia no que se evoca unha loita encarnizada entre o home e os deuses. Acompañados dos Músicos.
Dende o venres 17 de xullo, XII Feira Medieval de Noia

Noia, xullo de 2009. Xa está todo a punto para a duodécima edición da Feira Medieval de Noia. O concelleiro de Cultura e Festexos noiés, José Manuel González Canabal, convida a todos os noieses a participar vestíndose de época e a todos os das bisbarras de Barbanza e Noia, así como do resto de Galicia e mesmo veraneantes que por estas datas se atopen preto, a que se acheguen á que considera "unha das feiras medievais máis importantes de Galicia".
Entre as novidades deste ano, ademais de que se compón dun día máis (o ano pasado só foron dous) está a ampliación a novas rúas, como a de Montero Ríos, Condesa e Mazacáñamos. Prevese que o mercadiño medieval pase dos douscentos postos, nada menos que o dobre do ano 2008 en plena crise. Os noieses aportarán medio cento.
Mazacáñamos tamén terá mercadiño este ano
Para evitar máis atascos do normal, aconséllase que ao achegarse en turismos se empreguen os párkings autorizados e sinalados, xa que, como case todos coñecen, varias rúas do centro están en plenas obras do Plan E.

O primeiro día, o venres 17, bufóns, saltimbanquis e outros personaxes da farándula medieval darán a benvida aos que se acheguen e así quedará inaugurada a Feira. O máis destacado do sábado 18 será o desembarco en embarcacións tradicionais e o punto álxido do domingo será o torneo medieval. Pero que ninguén se perda os espectáculos con aves rapaces (cetrería) e as obras teatrais que haberá cada día.
A praza do Tapal será o punto neurálxico, unha vez máis, da Feira Medieval noiesa