Acha_Escrava
Fundan en Noia unha nova editorial

Logotipo da nova editora noiesa autoxestionada e sen ánimo de lucro
Noia, 9 de febreiro de 2010. Estaba no maxín dende hai tempo (no 6 de agosto de 2009 fixeron a primeira entrada no blog), pero agora, tras papeleos varios, a burocracia correspondente e o empurrón dun poeta noiés, a nova casa editorial "Acha Escrava" é uha realidade. Falamos coa súa cabeza máis visible, Manuel L. Rodrígues, sobre esta aventura.
Pregunta: Nova editorial: pero vós sabedes onde vos metedes?
Resposta. .- Téñome metido en sitios peores, a verdade.
.- Acha Escrava. Orixe do nome?
.- O certo é que esta é unha pregunta que non ten resposta. É un pouco o surrealismo que nos asolaga.
Non imos ser competencia para ninguén; nin o pretendemos nin poderiamos facelo. A nosa alternativa é case unha alternativa libre, autoxestionada e sen ánimo de lucro
. - Quen ou que está detrás desta editorial?
. Detrás da editorial están as gañas de traballar e abrir unha pequena (outra) vía para a literatura e a língua galega, aínda que, sobre todo, a intención é a de gañar en liberdade. O escritor debería adicar máis tempo a escribir que a buscar editora, e con iso xa respondo.
.- Con cinco títulos anuais xa vos daríades por satisfeitos: poesía, prosa, ensaio... a que pau lle ides dar máis leña?
. Digamos que imos recoller aquelas cousiñas que nos veñan dadas. O obxectivo é facilitar a publicación de obras dignas, pero galegas. Sexa como for, nós non somos equiparábeis a proxectos serios como Xerais, Galaxia, Toxosoutos, ou Espiral Maior (por exemplo). Non imos ser competencia para ninguén; nin o pretendemos nin poderiamos facelo. A nosa alternativa é case unha alternativa libre, autoxestionada e sen ánimo de lucro.

Antítese nativa será o primeiro libro (con sorpresa) de "Acha Escrava"
.- Acha Escrava nace:
a) por amor á literatura
b) por amor á lingua galega
c) por amor á arte
d) por amor ás tres anteriores
.- Por amor á literatura, á lingua galega e á arte.
.- Lingua galega: naceron as plataformas "Queremos galego", "Galego Patrimonio da Humanidade", "Prolingua" nestes últimos meses. É un síntoma de que o idioma está doente?
. É síntoma, máis ben, de que o Pobo Galego non está tan morto como moitos desexarían. O Idioma Galego está pasando un dos piores momentos da súa existencia. É a primeira vez que, de forma explícita e sen o máis mínimo disimulo, un presidente da Xunta anda a patadas coa língua do país que el mesmo representa. Saben perfectamente que se equiparan a Nosa Língua ao castelán (bilingüismo), o Galego estará condenado á desaparición. Porque non empezan por equiparar Galego e castelán nos cines, nos xornais, nas rádios, por exemplo? Os inimigos do Galego soamente defenden o bilingüismo naqueles eidos onde este poida ter certa vantaxe. Queren que a nosa língua sexa unha língua de segunda; ora ben... realmente pensan que o Pobo Galego vaillo permitir?

Manuel L. Rodrigues xa foi entrevistado en Certo
.- Chegan vostedes nun momento no que a Galaxia Gutenberg cede terreo á Galaxia Internet ou dixital. Acha Escrava tamén se meterá nos nosos lectores de libros electrónicos ou teremos que acudir só ao formato papel?
. Polo de agora seguiremos coa vía do papel, aínda sabendo que o dixital é o futuro, ollo! Un futuro inevitábel e moi positivo que antes ou despois rematará coas editoriais, as librarías e, incluso, cos dereitos de autor. Todo isto é algo bo, ao meu ver. A cultura ten que se liberar de todas esas cadeas que a atan, e así será...
.- Ter sé en Noia que vai significar? Ou xa non importa o lugar de orixe nesta era (ás veces eira, e tantas leira tamén) global?
. Temos sé en Noia, efectivamente, pero iso é algo circunstancial. Un enderezo, máis nada.

Polo de agora seguiremos coa vía do papel, aínda sabendo que o dixital é o futuro, ollo! Un futuro inevitábel e moi positivo que antes ou despois rematará coas editoriais, as librarías e, incluso, cos dereitos de autor. Todo isto é algo bo, ao meu ver. A cultura ten que se liberar de todas esas cadeas que a atan, e así será...
.- Comentádenos algo sobre a burocracia legal para crear unha empresa cultural neste país: é unha epopeia, mistura épica e kafkianismo, ou tende ao haiku?
. Calquera tipo de empresa (cultural ou non) require de moito esforzo (a veces non recompensado); aínda que o peor, tal e como dicides é a burocrácia, e dentro dela, o funcionariado (en xeral). O problema é que a veces non só tes que pelexar cos papeis, trámites, etc... senón con aqueles que che atenden. Para todo hai que valer nesta vida, eu persoalmente prefiro encargarlle este tipo de labouras a un xestor. A min os funcionarios ou non me atenden, ou me perden os papeis (expediente escolar, censo, empresa, etc...) ou sempre me dan a mesma resposta: "es que no te sé".
.- Nós adoitamos sinaladr en cada entrevista que de seguro hai algo moi importante que non acertamos a preguntar. Que é?
.- Non o dixen, pero dun xeito ou doutro hai moita xente traballando, ou se ofreceu a facelo, de xeito completamente desinteresado. Pintores, deseñadores, correctores, debuxantes... etc... Teño que agradecerlles inmensamente o seu ofrecemento. No seu momento acabarei dando os seus nomes. Por certo o primeiro libro estará nas librarías no prazo aproximado dun més. Comunicaréivolo cando saia.
Bitácora de Acha Escrava
http://achaescrava.blogspot.com
Publicado: martes 09-feb-10
Páxina anterior: Entrega_premio_Historia_Galiza_Medieval_2009
Páxina seguinte: Deportes
Agregar Comentario