A_vella_Bea

Compartir

O misterio de Beatriz na súa idade terceira


    Cando Beatriz era nena os seus xenitais excitábanse cando tiña moitas gañas de facer pis. Aguantaba e aguantaba para logo sentir o gustiño do chorro ao caer. Logo, xa con once, o medo nervoso debido a unha historia de terror estimulaba as súas partes íntimas producindo palpitacións pracenteiras. Máis tarde, en plena adolescencia, masturbábase xa a sabendas do que quería atopar e fantaseaba cunha dominación femenina, unha especie de ama profesora que a obrigaba a facer cousas feas.

    Xa alcanzada a maioría de idade, a Bea deulle por automotivarse cun veciño bastante túzaro e outros gamberros semellantes. Na súa década dos vinte, falos inmensos poboaban as súas fantasías. Xa nos trinta, xurdiulle a Bea o desexo dunha muller concreta, para espallarse a borbotóns e templarse a gusto coa imaxe doutras moitas. Aos corenta estendeuse o abano multicor e ás veces eran varóns sumisos; outras faunos dominantes, femias domesticadas ou damas bravas. Aos cincuenta comezou o seu interese morboso por imaxinar a parellas de amigos facéndoo, ás veces incluso mesturados, e algunha que outra vez cunha transexual ben fermosa.

    Esquecía que sobre os corenta e cinco a súa fantasía estrela era pensar en dous homes ben machotes galopando entre eles ben xuntiños, e que esa fantasía levouna a pensar en dous sátiros só para ela, que logo foron tres, e máis tarde chegaron ao quinteto.

    Xa chegada a xubilación, non teño nin a máis remota idea. Descoñezo por completo por onde pasearán as fantasías da vella Bea, porque a sexualidade na muller madura é o tabú máis pétreo.

Bicha de Bazalote. Albacete

Todos os textos de Susana Moo en Certo, aquí



Chuza esta nova
Compartir

Chuza esta nova
Publicado: martes 29-sep-09
Imprima esta página Menea esta nova Chuza esta nova

Páxina anterior: Susana Moo
Páxina seguinte: Susana_Moo_castellano