A_cociñeira

Meu home quedou atourado coa teima de foder enriba da mesa despois de mirar ao Nicholson coa Jessica Lange en “O carteiro sempre chama dúas veces”! Eu xa tiña ganas de cumprirlle o gusto.
Preparei a escena con moito mimo, abrín a mesa da cociña e puxen o hule para protexela do que lle viña enriba. Enchina de fariña porque a miña ilusión era quedar rebozados coma croquetas para riren a cachón despois do choio. Fun correndo ao cuarto e espín o corpiño todo para quedar somentes co mandil de criada sexi que levara no entroido de hai dous anos. Calcei as sandalias de tacón con pedriñas brillantes no nocello e recollín o pelo nun moño. Mireime no espello: nada que ver coa Jessica, pero o meu home sabería valorar os meus esforzos.
Volvín á cociña correndo porque o meu carteiriño había de estar a chegar. Fixen un molete coa fariña, boteille os ovos batidos, o sal, a manteiga, o levedo e a auguiña morna e comecei remexer para que meu home me topara coas mans na masa.
Sentín a chave na porta e púxenme un pouco nerviosa: cando unha prepara unha sorpresa así nunca está segura da reacción do invitado. Pero o meu home fixo xustamente o que esperaba: miroume aos ollos cun sorriso de orella a orella e xa desabotoaba a camisa.
-Nena! Xa tes o rustrido feito?
-Teño!
Pegóuseme ao cú espido e xa tiña a poldra tesa, pero eu como a que ten moito que facer, masaxeaba ao xeito a masa mol e pegañenta que tiña entre os dedos.
-Quita oh! Non miras que estou a traballar?
Pero el xa metía as mans por debaixo do mandiliño e xa me deu a volta e xa me sentou enriba da mesa e xa abriu as miñas pernas, e ao mirar aquilo tan depiladiño o moi burricán non o pensou: colleu o molete da masa e e espachurrouno alí no medio, a amasar. O toliño metía os dedos con tanto xeitiño que aquilo, permitídeme que o diga, era unha ledicia.
E así, coa masa toda na curuxa, o meu home fixo un burato, furou o camiño co totete e que morra aquí mesmo se non amasamos xuntiños un roscón de reis do máis xeitoso.
Todos os textos de Susana Moo en Certo, aquí
Publicado: jueves 12-mar-09
Páxina anterior: Susana Moo
Páxina seguinte: Susana_Moo_castellano
Agregar Comentario