Mar_de_Fondo_2009
Actualizado 16 de agosto
Unha crónica de Ramón Torrado
Festival Mar de Fondo, Noia 2009 : unha bonita sorpresa
Supersound
Onte levei unha moi agradable sorpresa en Noia. Teño que recoñecer que o Festival Mar de Fondo, ao que acudín por primeira vez, foi moito mellor do que esperaba.
Cheguei ás dez da noite cando xa rematara a actuación do primeiro grupo local, Strabismo. A esta banda penso que eu fun un dos primeiros en gravala, cando tocaron en Cespón hai dous anos. De tódolos xeitos, desculpeime co baixista Pamper, ao que si vin en acción. Este rapaz, que ao levar gafas de pasta negra lembroume ao gran Felipe Lipe de Tequila, tocou de marabilla coa primeira actuación que vin, a de

SUPERSOUND. Tamén gravara a este grupo na noiesa Praza do Tapal hai un ano, pero vinos moi mellorados. O guitarrista solista ten moita audiacia ao poñerse tan alto na mestura de sons, pero fíxoo ben (de broma o cantante Jerry comparouno con The Edge e co home do gorro de Amaral). O propio Jerry estivo moi simpático e entregado, como se verá no vídeo que estou subindo a YouTube: “Barba azul”. Por certo que, como non tiña a cámara de vídeo e gravei coa de fotos a calidade de son é moi mala, pero non tan mala como para non dar unha idea da forza de cada artista.

LOVELESS COUSINS. Por este grupo da Coruña sentín ao principio temor, pensando que ao público, adolescentes moi novos maiormente, non lles gustaría a música de rockabilly que interpretan, tipo Gene Vincent, Muddy Waters ou Elvis do principio. Pero o grupo foi quen de adaptarse, poñendo boa cara cando ao cantante lle rompeu unha corda da guitarra e mesmo cambiando ao galego para estar co público. Teñen un as na manga: vestido cunha ampla camisa vermella, o guitarra solista parece un Eddie Cochran vivo que resulta electrizante cando se pon de xeonllos e se despeitea, como se verá no meu vídeo. Engancharon cos rapaces e ampliaron os seus coñecementos musicais, como tamén faría a seguinte formación. Ah, e o gracioso baixista ten un emocionante aire co desaparecido Joe Strummer dos Clash.

Loveless Coussins
DUSTAPHONICS. Como eles mesmos dixeron, viñan directos de London Town os Dustaphonics. Chegaron e arrasaron. Cun entusiasmo que desminte o tópico da frialdade británica, todo o grupo contaxiou ao público cunha enerxía arrebatadora. Pero unha persoa, a cantante, foi a grande estrela da noite. De novo achegando unha música descoñecida a un público novísimo, sons de soul e rhythm and bues, ela cantou e moveuse cunha forza abraiante. O movemento, hai que dicilo, creaba un suspense no público xuvenil por ver se unha parte dual da súa anatomía quedaba demasiado exposta! O grupo tamén quedou moi contento coa recepción. Por certo que a canción “Burlesque Queen” da que ela quería traducir o título sería “A raíña do espectáculo de variedades”. Foino ela, Aina, onte.

Dustaphonics
Antes de rematar coa cabeza de cartel, quero deixar constancia da tenrura e agarimo que sentín polo encantador público adolescente que estaba arredor de min onte en Noia. O seu comportamento foi francamente ilusionante: abertos a novas músicas, cheos de frescura, beleza e simpatía.
SIDONIE. Se non lembro mal, eu xa vira a este grupo no Auditorio do Sar en Compostela hai bastantes anos. Dende os primeiros segundos, vin que estes cataláns tamén melloraron moito, transmitindo ao instante unha sensación de poderío e de tremendo impacto musical e visual. O cantante lembroume a Albert Hammond Jr. dos Strokes, o guitarra solista un pouco a Bryan Adams, o baixista a Keith Richard en guapo, e o gracioso batería (que fixo tolerías saltando do seu instrumento) a Keith Moon dos Who. O grupo, dunha maneira máis relaxada e humilde (o cantante Mas chegou a pedir benevolencia cos erros aos Cooper que estaban entre o público), tal vez contaxiado polos artistas previos, tamén se entregou. Houbo un intre psicodélico, cos tres guitarristas tirados no chan e o membro adicional Baldo facendo desvaríos nos teclados, que elevou a noite a outra dimensión, chegando a unha grandeza que non é tan frecuente nos concertos.
Foi este Festival Mar de Fondo un tremendo éxito, aínda vendo que do extenso patio do I.E.S. San Alberto só estaba cuberta unha quinta parte. Dez euros unha ou dúas noites non é un prezo caro para unha experiencia inesquecible. Despois dos concertos, entrei no ambiente da movida noiesa do sábado e, nun pub que oferta uns trinta tipos de chupitos a un euro, probei por fin nun chupito chamado "Rates" a bebida protagonista dun relato xenial de Hemingway titulado "Colinas coma elefantes brancos": o absintio. Sentín que me ardían os labios e se inflamaba aínda máis o corazón.
Vídeos de Mar de Fondo en YouTube, aquí

Cartel definitivo de Mar de Fondo
Noia, xullo de 2009. A 2ª edición do festival de música de Noia xa presumía de ter confirmados os seguintes grupos:
Sidonie,Cooper, Baby Charles (UK), SUPERSOUND ( NOIA ), Dustaphonics (UK), Los Chavales y The Phantom keys, ESTRABISMO (NOIA), UMMA GUMMA (NOIA). Pero agora podes ver xa no cartel superior todos os que son e -se non hai ningún contratempo- van estar o 14 e 15 de agosto no festival de música máis relevante destas bisbarras.

Nunha homenaxe ós anos 60 e 70, con sonidos pop, soul, yeyé, funky...

Se queres saber máis destes grupos aquí tes as súas webs:
SIDONIE ( BARCELONA )
http://www.myspace.com/sidoniespace
COOPER ( LEÓN )
http://www.myspace.com/cooperartist
BABY CHARLES ( UK )
http://www.myspace.com/babycharlesband
DUSTAPHONICS ( UK )
http://www.myspace.com/thedustaphonics
SUPERSOUND ( NOIA )
http://www.myspace.com/supersoundpop
UMMA GUMMA ( NOIA )
STRABISMO ( NOIA )
http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewProfile&friendID=82116031
OS CHAVALES ( SANTIAGO d.C. )
http://www.myspace.com/oschavales
THE PHANTOM KEYS
http://www.myspace.com/thephantomkeys
WEB OFICIAL DE MAR DE FONDO:
myspace.com/mardefondo09
Publicado: jueves 25-jun-09
A páxina web oficial é myspace.com / mardefondo09
O cartel deste ano paréceme auténtico. O do ano pasado exceptuando Vetusta Morla e Juliette Lewis os demais recorreran toda Galicia actuando en diversos festivais. Nada novo. Por non dicir que The Gift xa non era novidade en Noia e que Felix Da Housecat se caeu do cartel. De todos os xeitos era un super festival.
Supoño que a crise fai que a programación do festival se vexa condicionada. Sen embargo resultan moi atraintes as bandas estranxeiras: Baby Charles está sendo a sensación en Inglaterra, formando unha tricefalía dos sons SOUL con Amy Whinehouse e Sharon Jones, sendo unha das responsables do rexurdimento do Soul en terras británicas. Non imos parar de bailar!
The Dustaphonics acaban de rematar a banda sonora da película homenaxe a Russ Meyer dirixida por unha das súas antigas musas, Tura Satana. Creo que vai ser a súa primeira actuación en España
Dúas enormes bandas por descubrir!
Cooper é impresionante. Cabeza visible dos míticos Los Flechazos. Por certo, tamén estará un mes antes no FIB.
Sidonie presenta disco o 18 de Agosto, mezclado en Abbey Road Studios. Un directo impresionante para todos aqueles que tivemos a oportunidade de velos!
The Phantom Keys son unha banda de O Grove que tocan máis fora que dentro das nosas fronteiras. Vibrantes en directo. En Galicia non hai banda con tanta enerxía sobre o escenario.
Considero un acerto apostar polas bandas locais. Máis de algún vai alucinar cos tres grupos de Noia. Los Chavales son descoñecidos para min. Non sonan mal nos videos que hai pola rede.
Todo isto está nos myspace dos grupos. Non os ledes?
No sei se falta algo, pero a min xa me chega. Repito, paréceme un cartel máis equilibrado co do ano pasado, máis coerente aínda que con menos "nomes". Supoño que iso se reflexará no prezo da entrada. Teño moitas gañas de ir!
Creo que con que se celebre o festival este ano é bastante. Moitos quedaron no camiño.
Sabe alguen o prezo das entradas e de si vai haber zona de acampada como o ano pasado?
na páxina web de Cooper pon que actua o 14 de agosto en NOIA (PONTEVEDRA) jaja!!!. Guayy Cooper mola moito. xa que este festival e indie pop podían repetir vetusta morla, traer a La Habitación Roja, Planetas, Silvia superstar...
e xa que estamos a xente que nos vai támen o rock esiximos que Noia coma vila histórica necesita un festival coma o do ano pasado e así seguir o proxecto comezado o ano pasado
o cartel do ano pasado foi moito cartel!!! ata o de agora do que esta confirmado encantame Cooper. Sidonie non me chama moito a atención... non sei as bandas inglesas que tal estarán?, agardo que se engada ainda algo máis atractivo ao cartel, senón coido que moita xente pasará de ir os 2 dias.