A_costureira

Compartir


Parece mentira que sendo tan noviña teña esas mans de ouro a costureira. Mans branquiñas ben cortadas, pombas laboriosas que fan os traballos coma se estiveran a puntear un baile. Mans fidalgueiras feitiñas que locen o dedal coma se fora unha alfaia, que collen a agulla con tanto xeito que mais parecera unha batuta de directora de orquestra.

É a costureira viva de xenio, traballadora a ritmo constante, disciplinada e responsable cos pedidos, amable coas clientas. Pero tamén sábese divertir e gusta de verbenas e fandangos: dálle á igrexa o que é da igrexa e ao mundo o que é do mundo.


Do mundo é o seu mozo, un rapaz gallardo que anda engaiolado coas mans da costureira. Non só lle interesan as mans dela, pero é o que ela lle permite acariñar polo de agora, porque a moza é precavida e tenlle medo ao embarazo e tenlle medo á SIDA e aínda non está preparada para ofrecer o seu corpiño enteiro. Pero as mans dállas ao seu mozo porque o quere moito.

O mozo consólase e non insiste, confórmase: ela faille uns traballiños coas mans que acadan a perfección. Coa cariña de rosas, coa expresión de virxe rousada cóllelle o cogolliño teso coa palma núa e bate a eito, dálle que dálle ao cimbrel cun xeitiño que o home queda trasposto mirando o pulso no seu tarambelo, moe que moe a costureira coa delicadeza e a forza xustas, co seu corpiño dereito, coa súa camisiña recén pranchada. Sen perder a pudorosa modestia, faille uns compases tan perfectos que o mozo anda namorado...

E logo non ía andar?

Máis textos de Susana Moo en Certo, aquí

Páxina web de Susana Moo, www.susanamoo.com


Compartir

Publicado: lunes 15-dic-08

Agregar Comentario

Agregar Comentario

Su nombre(*):
Comentario(*):
 

Imprima esta página Menea esta nova Chuza esta nova

Páxina anterior: Susana Moo
Páxina seguinte: Susana_Moo_castellano