Ela cría que ao estar coa barriga tan gorda perdería o impulso sexual. Pois non, en absoluto. Non se gababa: suponse que unha preñada é maternal e pasa o seu tempo a calcetar patucos e a dobrar roupiña.

    Ela non ten tanto de matriusca, síntese femia e ten gañas de sexo, pero maila que o seu home semella pasalo ben cando senta o seu inmenso corpo enriba del ou cando se ofrece dende atrás, a ela non lle gusta amosar súa cachondez preñada e prefire darlle gusto ao corpo en soidade.

    Ten as tetas preciosas agora, a estoupar, coa maimiña ben escurecida. Nunca antes estiveron tan sensibles: non ten máis que soprarlles para polas estupendas.

    Para o seu solitario pracer coloca a almofada entre os muslos e escarrancha enriba dela, alcanza o clímax nuns minutiños de caricias apuradas sen darlle moita reviravolta ao conto. Case con desemulo. Coma quen oe chover.

    Cando remata, pensa para si, chea de fondo arrepentimento: “Que clase de nai serei?”

    A preñada vive o seu embarazo e a súa sexualidade en contradición, cargadiña de culpabilidade.


Todos os textos de Susana Moo en Certo, aquí