Antía estudou Empresariais pero tal e como anda a cousa aínda non atopou traballo. Ás veces desespérase maila que é de natural optimista e sempre que lle preguntas ela responde “guai”.

    .-Que tal a entrevista?

     .-Guai ...

     .-Como che foi a viaxe?

     .-Moi guai!

     .-Que tal a última de Almodóvar?

      .-Bastante guai!

    A roupa que lle gusta, quédalle guai: os seus amigos son guais e se fai sol, ese día é un día guai.

    Pero cando Antía repite, triplica, multiplica a súa “muletiña” é cando o seu mozo lle obsequia con pracer oral.

    Resulta impresionante escoitala nesa expresividade lingüística sucinta, combinando a palabriña de marras con diferentes acenos e diversos niveis volumínicos. Antía coas pernas abertas e os ollos pechados, reconcentrada nas sensacións da curuxa vocaliza:

       .-Guaiiiii -. GUAAAAII – Guaaaaaaaaaaaaaaaaii – Ggg uuu aaa iii – Ggggg uaiiiiiiiiiiiiii ...

      Cando por fin Antía cala, o mozo ergue a cabeza por entre os xeonllos dela – os beizos pingando- e pregunta:

       .- Qué tal, como foi?

      Ela, invariablemente, resposta:

         .-Guai!

Todos os textos de Susana Moo en Certo, aquí