Andrés é un bo tipo, médico cirurxián de profesión. Serio na súa consulta, cerebral e firme. Un doutor en cuxas mans deixas o teu ventre doente cunha certa sensación de alivio, coa percepción de que detrás desa mirada reconcentrada hai aplomo, sabedoría e bo facer.

     Agnóstico convicto, enfróntase cada día coa morte. Cada día disecciona tripas e vísceras, e manéxase entre os sanguentos órganos tumorados e malformados intentando alonxar de si calquera sentimento de piedade ou compaixón: un profesional escéptico cunha secreta válvula de escape. O sexo. Gratuito ou de pago, élle igual.

     É na paixón erótica onde Andrés se resarce de toda esa dor de hospital; é no corpo san dunha muller onde lle fai o canto á vida. Disfruta da cópula máis que ninguén, coa fruición do que sabe da fatuidade. Andrés venera o corpo feminino e alí onde se crea a vida, nese lugar onde a femia se distingue do macho, alí onde está a orixe do ser, Andrés extasíase, deléitase, pérdese e desafoga as súas ansias de vividor de fondo. Abre o seu obxecto de adoración, ben aberto, e contempla a conacha con todo o seu ser.

     Como se dun ritual chamánico se tratase, o doutor aspira ese cheiro a principio dos tempos, ese ulido a fondo dos mares que Andrés absorbe e logo mergúllase na ambrosía, embriágase todo tolo. Ebrio de pracer, lambe, chucha, absorbe e síntese renacer.

     É impresionante a entrega na monta de Andrés, con seriedade mística e feracidade incontida, xemindo, batendo os dentes e retorcéndose, emitindo berros guturais máis propios dun primate que dun cirurxián portentoso e estudado...

Picasso

Todos os textos de Susana Moo en Certo, aquí