A Miro as cousas que máis lle gustan do mundo son: o peixiño fritido, a tortilla de patacas con chourizo, que gañe o Depor, e que a perrechiña da súa muller faga chof-chof.

    Explícome: o peixe frito non é que lle guste todo por igual, ten preferencia pola raia, polos rapantes de tamaño recortado e polos chinchos, que papa con cabeza e todo.


   A tortilla, ben feita por fóra e crúa por dentro, co ovo desfeito, do mesmo xeito de como lle gusta atopar a ameixa da Mari Luz, que semella sequiña pero ao explorar un pouco cos dedos ou co “Manoliño” (Miro chámalle Manoliño ao seu carallo), sempre atopa unha polpa zumenta que fai as ledicias do Miro e do Manoliño.

    Miro síntese afortunado con esa papuxa quentiña, esa fonte de mel que Deus lle deu á súa muller e ela- parruliña!- lle empresta:

    - "Tes a coniña máis xenerosa do mundo!", di Miro, maila que só coñeceu outra e disto hai tantos anos que xa non se lembra.

    Ai! Cómo lle gusta a Miro escoitar o chof-chof que fai Manoliño ao entrar e saír da poza da súa dona. Síntese moi fachendoso, coma se fora mérito propio, exactamente igual que cando gaña o Depor, que tamén o vive como un triunfo persoal, sobre todo cando mete goles na casa e vai estrada adiante tocando a bocina, dando o coñazo aos que non somos tan futboleiros.

Todos os textos de Susana Moo en Certo, aquí