Aquela científica fíxose de ouro cos transxénicos. A muller tiña vista e atopou un filón: facer xoguetes sexuais mudando as froitas. Colleu a onda dos ecoloxistas, que andaban a denunciar que os dildos sexuais estaban feitos de pvc contaminante e, lista coma un allo, trocou o xen do plátano: desactivou as celulasas e pectinasas para que non perdera consistencia, activou penoloxidasas para gañar resistencia.

-Qué bo!!, dixo ela en canto probou o seu descubrimento, que non tardou en patentar.
Non era comestible pero facía as outras funcións que daba gloria.
Mutou o cabaciño, dándolle á pel un lixeiro troque de textura.
- Mmmhh, moi agradable!, dixo ela.
Mutou a espiga do millo, eliminando os peliños da punta e facéndolle o mango máis longo para mellor agarralo.
- Qué sensacións!!
Mutou o cogombro, dándolle forza suficiente para que se puidera quentar no microondas e non perdese a textura ao usalo quentiño. Mutou as cenouras, aquí os resultados foron abraiantes: cuspidiñas a aquilo!!
- Qué divertido, dicía a estudosa científica coa súa bata, coas súas lentes.
Non tiña acougo a licenciada: mesmo mudou as berenxenas para os amantes do hard-core.
A caralluda científica fíxose de ouro, e, aínda por riba, pasouno de medo a muller.
Todas as pezas de Susana Moo en Certo, aquí